O Korbis infantil colgouse o ouro na Copa Federación despois de vencer ao Vigo Voleibol

Foi o único equipo lucense que conseguiu impoñerse nas finais, posto que o Korbis cadete e o Emevé, na xuvenil e na alevín, remataron na segunda posición

Os conxuntos lucenses acumularon tres medallas de prata, un bronce e máis o ouro do Korbis na infantil tras o desenlace da Copa Federación.

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O Emevé conseguiu facerse co bronce da Copa Federación ao vencer ao Burgas Volei. Os lucenses, que foron derrotados na semifinal contra o Aldebrarán, recibiron o domingo aos de Ourense na Casa do Deporte. Empezaron mellor os de Lugo, que se levaron o primeiro set cunha grande diferenza de 25-10. O Burgas comezou a apertar nos outros dous sets, pero o Emevé non deixou que se lle escaparan e sentenciou o partido cun 3-0.

EMEVÉ 3 - 0 BURGAS VOLEI

Sets: 25-10/25-18/27-25.
Cancha: Casa do Deporte.

 

COPA FEDERACIÓN - JÚNIOR MASCULINA

Final

Aldebarán 0-3 Boiro Voleibol

3º e 4º Posto

Emevé 3-0 Burgas Volei

5º e 6º Posto

Maniotas 1-3 Xiria

 

Xuvenil

Pasando a falar da categoría xuvenil, o Emevé non conseguiu impoñerse ao Boiro Voleibol na final da Copa. Ámbolos dous equipos puxeron todo na pista da Cachada para ofrecer á bancada un partido espectacular e competido. O primeiro set caeu a favor dos de Lugo, que non lograron impoñerse despois no segundo. Os do Boiro puxeron o partido 2-1 no terceiro set, pero o Emevé non baixou os brazos e marcouse un espectacular 13-25 no seguinte período. Ao final, o partido caeu do lado dos locais tras un igualado quinto set que rematou 15-12.

BOIRO VOLEIBOL 3 - 2 EMEVÉ

Sets: 22-25/25-20/25-22/13-25/15-12.
Cancha: A Cachada.

 

COPA FEDERACIÓN - XUVENIL MASCULINA

Final

Boiro Voleibol 3-2 Emevé

3º e 4º Posto

Voleibol Dumbría 3-0 Voley Riveira

5º e 6º Posto

CV Oleiros 3-0 Vigo Voleibol
Vigo Voleibol 1-3 CV Oleiros

 

Cadete

Ao Korbis se lle escapou a final da Copa cadete contra o Dumbría. Os lucenses viaxaron para loitar polo ouro no Conco e despois dun inicio de partido que foi para os locais (2-0), o Korbis non lle perdeu a cara ao partido e conseguiu empatar o marcador. No quinto set e definitivo, o equipo de Monforte intentou competir, pero non puido co Dumbría, que conseguiu o ouro cun 15-09 no período final.  

No caso do Emevé, que xogaba polo terceiro e cuarto posto, quedou sen metal ao ser superado polo Aldebarán. Os de San Sadurniño fixeron unha mellor actuación na Casa do Deporte, levándose o bronce tras resolver o partido contra os lucenses por 0-3.

VOLEIBOL DUMBRÍA 3 - 2 KORBIS

Sets: 25-21/25-19/19-25/19-25/15-09.
Cancha: O Conco.

EMEVÉ 0 - 3 ALDEBARÁN

Sets: 19-25/13-25/19-25.
Cancha: Casa do Deporte.

 
COPA FEDERACIÓN - CADETE MASCULINA

Final

Voleibol Dumbría 3-2 Korbis

3º e 4º Posto

Emevé 0-3 Aldebarán

5º e 6º Posto

CV Oleiros 3-0 Calasancias
Calasancias 0-3 CV Oleiros

 

Infantil

Na categoría infantil, o Korbis foi quen de impoñerse na final da Copa contra o Vigo Voleibol. Os de Monforte recibiron na Pinguela aos seus rivais, que foron fulminados no primeiro set por 25-09. No seguinte tempo os de Vigo achegáronse máis ao Korbis, pero os locais leváronse sen problemas os dous seguintes sets (25-20 e 25-10) para conseguir así levarse o ouro.

KORBIS 3 - 0 VIGO VOLEIBOL

Sets: 25-09/25-20/25-10.
Cancha: A Pinguela.

 

COPA FEDERACIÓN - INFANTIL MASCULINA

Final

Korbis 3-0 Vigo Voleibol

3º e 4º Posto

Calasancias 3-2 Boiro Voleibol

5º e 6º Posto

CV Narón Volea 1-3 CV Pontevedra
CV Pontevedra 3-0 CV Narón Volea

 

Alevín

Por último, na categoría alevín, o Emevé levouse a prata na Copa Federación despois de caer na final contra o Ourense Volei Praia. O partido vivido o domingo na Casa do Deporte foi moi igualado, pero foron os de Ourense que conseguiron vencer os dous sets por 23-25. 

EMEVÉ 0 - 2 OURENSE VOLEI PRAIA 

Sets: 23-25/23-25.
Cancha: Casa do Deporte.

 

COPA FEDERACIÓN - ALEVÍN MASCULINA

Final

Emevé 0-2 Ourense Volei Praia

3º e 4º Posto

CV Pontevedra 0-2 Calasancias