Os infantís do Korbis varreron no único partido que tivo o club na masculina esta fin de semana

O Emevé puntuou de novo na xuvenil e na infantil contra o Oleiros pero foi derrotado na cadete. No resto non xogou

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

Xornada de descanso para o Emevé que, a fatlta de de catro xornadas, segue líder e invicto.

LIGA GALEGA JÚNIOR MASCULINA 

Resultados xornada 14

Pontevedra 0-3 Xiria
San Sadurniño 3-0 Maniotas

Próxima xornada

Maniotas - Boiro
Xiria - Emevé

 

 

Xuvenil

O Emevé mantén o seu liderado cunha nova vitoria, nesta ocasión ante o Oleiros, mentres que o Korbis aprazou o seu duelo co Dumbría.

EMEVÉ 3 - 0 OLEIROS

Sets: 25-19/25-16/25-18.
Cancha: Casa do Deporte.

 

LIGA GALEGA XUVENIL MASCULINA 

Resultados xornada 14

Korbis A Dumbría
Emevé 3-0 Oleiros
Riveira 3-1 Xiria
Boiro 3-0 Vigo

Próxima xornada

Vigo - Riveira
Xiria - Emevé
Korbis - Oleiros

 

Cadete

O aprazamento do Korbis envía ao equipo provisionalmente á terceira praza menttres que o Emevé suma a cuarta derrota consecutiva dende a sétima praza, perdendo nesta ocasión co Oleiros pola máxima diferenza. O equipo competiu en cada set pero o resultado global foi para o visitante.

EMEVÉ 0 - 3 OLEIROS

Sets: 20-25/19-25/20-25.
Cancha: Casa do Deporte.

 

LIGA GALEGA CADETE MASCULINA 

Resultados xornada 14

Korbis A Dumbría
Emevé 0-3 Oleiros
Pontevedra 2-3 Coruña
San Sadurniño 3-0 Maniotas

Próxima xornada

San Sadurniño - Dumbría
Vigo - CVP
Coruña - Emevé
Korbis - Oleiros

 

 

Infantil

Unha vez máis o Narón non existiu ante o Korbis, que venceu cunha superioridade tan manifesta como a súa situación na táboa, na que está invicto coa totalidade dos puntos posibles a falta de catro xornadas para o final da Liga.

O Emevé venceu ao Oleiros tamén malia ter que ceder un set pero mantén os seus tres puntos e asegura a segunda posición na táboa cun partido máis que o Vigo, que está terceiro a un punto.

EMEVÉ 3 - 1 OLEIROS

Sets: 25-17/25-21/8-25/25-18.
Cancha: Casa do Deporte.

NARÓN 0 - 3 KORBIS

Sets: 8-25/6-25/8-25.
Cancha: A Solaina.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MASCULINA 

Resultados xornada 14

Narón 0-3 Korbis
Emevé 3-1 Oleiros
Pontevedra 3-0 Coruña
Boiro 0-3 Vigo

Próxima xornada

Maniotas -  Boiro
Vigo - CVP
Coruña - Emevé
Korbis - Oleiros


 

Alevín

O Emevé non xogou esta fin de semana, xa que aprazou o duelo co Ourense e o Korbis tiña descanso.

 
LIGA GALEGA ALEVÍN MASCULINA 

Resultados xornada 14

Emevé A Ourense
CVP 2-0 / 2-1 Coruña

Próxima xornada

Vigo - CVP
Coruña - Emevé
Ourense - Korbis