O Korbis xuvenil remata coa tradicional imbatibilidade do Emevé e ponse líder do seu grupo

As de Lugo lideran as táboas júnior, cadete e infantil e na alevín as de Monforte ocupan a primeira praza

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

Continúa a superioridade do equipo júnior do Emevé, que descansou esta fin de semana dende a primeira posición, na que está invicto.

 
LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 4

Pontevedra 2-3 Oleiros

Próxima xornada

Oleiros - Emevé

 

Xuvenil

O Korbis rematou coa tradicional imbatibilidade do Emevé levándose dous puntos do duelo provincial disputado este domingo na Casa do Deporte. O conxunto lucense, que non ten por costume perder, foi derrotado nun duelo complicado que se lle puxo en contra nos dous primeiros xogos. Este resultado supón un cambio de líder. As celestes soben á primeira praza, empatadas co Ribeira Sacra, mentres que un punto máis abaixo queda o Emevé.

As outras monfortinas sumaron unha semana máis tres puntos e seguen invictas. Nesta ocasión, o equipo que bateron foi o Zalaeta, que pecha a listaxe.

EMEVÉ 2 - 3 KORBIS 

Sets: 18-25/21-25/27-25/25-15/7-15.
Cancha: Casa do Deporte.

ZALAETA 1 - 3 RIBEIRA SACRA

Sets: 19-25/18-25/25-14/23-25.
Cancha: Zalaeta.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 4

Bruxas 3-0 Ourense
Zalaeta 1-3 Ribeira Sacra
Dompavolei 2-3 Coruña
CVP 3-0 Oleiros
Emevé 2-3 Korbis

Próxima xornada

Korbis - Bruxas
Oleiros - Emevé
Coruña - CVP
Ribeira Sacra - Dompavolei
Ourense - Zalaeta

 

Cadete

As cadetes fan o efecto contrario que as xuvenís e tras o duelo provincial, que gañou o Emevé, o equipo da capital ponse líder e envía ao Korbis á terceira praza sendo esta a súa primeira derrota e seguir as de Lugo invictas.

O outro monfortino, o Ribeira Sacra, caeu derrotado e segue na parte baixa con só unha vitoria no que vai de curso.  

EMEVÉ 3 - 0 KORBIS 

Sets: 25-20/25-23/29-27.
Cancha: Casa do Deporte.

TEIS 3 - 1 RIBEIRA SACRA

Sets: 25-12/25-15/16-25/25-19.
Cancha: Teis.

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 4

Rianxo 3-1 Ourense
Teis 3-1 Ribeira Sacra
Cambados 0-3 Coruña
Pontevedra 1-3 Oleiros
Emevé 3-0 Korbis

Próxima xornada

Korbis - Rianxo
Oleiros - Emevé
Coruña - Pontevedra
Ribeira Sacra - Cambados
Ourense - Teis

 

Infantil

Vitoria tamén do Emevé sobre o Korbis no primeiro derbi da tempada. Pelexa intensa set a set pero vitoria final das locais por 3 xogos a 1. As de Monforte caen do liderado deste modo e as do Emevé soben á segunda praza, xa que ambas teñen todos os puntos, pero o equipo de Lugo perdeu un set.

EMEVÉ 3 - 1 KORBIS 

Sets: 26-24/12-25/25-11/25-20.
Cancha: Casa do Deporte.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 4

Rianxo 0-3 Liceo
Teis 3-0 Boiro
Dompavolei 1-3 Coruña
CVP 0-3 Oleiros
Emevé 3-1 Korbis

Próxima xornada

Korbis - Rianxo
Oleiros - Emevé
Coruña - CVP
Dompavolei - Boiro
Liceo - Teis

 

Alevín

Oito vitorias leva xa o Korbis e segue sumando dende a primeira posición da táboa. Esta fin de semana venceu por partida dobre ao Emevé, aínda que as de Lugo se levaron un set que non lle supón puntos.  En cuarto lugar está situado o Ribeira Sacra, que rematou con dúas vitorias máis ante o Teis.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 4

Rianxo 1-2 / 2-0 Liceo
Teis 0-2 / 0-2 Ribeira Sacra
Cambados 0-2 / 0-2 Coruña
Pontevedra 2-0 / 2-1 Oleiros
Emevé 1-2 / 0-2 Korbis

Próxima xornada

Korbis - Rianxo
Maniotas - Emevé
Coruña - Pontevedra
Ribeira Sacra - Cambados
Liceo - Teis