O Emevé xuvenil arrebata ao Korbis o liderado trala derrota das monfortinas

As de Lugo lideran as táboas das competicións de base, agás na alevín

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O Emevé arrebata o liderado da táboa a Teis durante o partido que disputaron esta fin de semana na localidade viguesa e no que as de Lugo lograron a vitoria tras forzar o quinto set, polo que se repartiron os puntos. O Emevé queda cun máis na xeral.

TEIS 2 - 3 EMEVÉ

Sets: 14-25/25-19/25-23/23-25/10-15.
Cancha: Teis.

 

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 9

Teis 2-3 Emevé
DompaVolei 3-0 Pontevedra

Próxima xornada

Bruxas - Pontevedra
DompaVolei - Emevé

 

Xuvenil

Nesta ocasión, só o Emevé foi capaz de levarse os tres puntos a fin de semana e completa os cinco partidos sen perder. Foi un paseo para o equipo lugués, que arrasou na pista e que recupera o liderado do grupo xa que o Korbis, que xogou contra o Ourense, perdeu por 3-1 nun partido con marcadores moi axustados.

O Ribeira Sacra mantén a terceira praza malia as tres derrotas consecutivas que leva aínda que apañou un punto do duelo co Oleiros, que se levou ata o quinto set e con marcadores moi axustados.

ZALAETA 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 15-25/5-25/10-25.
Cancha: Zalaeta.

OURENSE 3 - 1 KORBIS

Sets: 25-23/25-23/20-25/28-26.
Cancha: O Pompeo.

RIBEIRA SACRA 2 - 3 OLEIROS

Sets: 25-15/23-25/25-19/19-25/4-15.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 9

Coruña 3-1 Bruxas
Ribeira Sacra 2-3 Oleiros
Ourense 3-1 Korbis
Zalaeta 0-3 Emevé
Dompavolei 0-3 CVP

Próxima xornada

Bruxas - CVP
Dompavolei - Emevé
Zalaeta - Korbis
Ourense - Oleiros
Ribeira Sacra - Coruña

 

Cadete

Emevé e Korbis continúan liderando completamente a clasificación ocupando, respectivamente, o primeiro e o segundo posto. Esta fin de semana venceron ao Teis e ao Ourense a domicilio e malia que as de Lugo pasaron apuros nos dous primeiros xogos, as monfortinas arrasaron.

Dende a parte baixa da táboa, o Ribeira Sacra sumou un punto máis xa que chegou ao quinto set pero perdeu co Oleiros na casa.

TEIS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 21-25/22-25/12-25.
Cancha: Teis.

OURENSE 0 - 3 KORBIS

Sets: 11-25/10-25/18-25.
Cancha: O Pompeo.

RIBEIRA SACRA 2 - 3 OLEIROS

Sets: 20-25/21-25/25-21/25-18/13-15.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 9

Coruña 3-2 Rianxo
Ribeira Sacra 2-3 Oleiros
Ourense 0-3 Korbis
Teis 0-3 Emevé
Cambados 0-3 CVP

Próxima xornada

Rianxo - CVP
Cambados - Emevé
Teis - Korbis
Ourense - Oleiros
Ribeira Sacra - Coruña

 

Infantil

9 de 9. Esas son as vitorias que o Emevé sumó esta fin de semana para seguir invicto como líder da clasificación. Foron contundentes as de Lugo, que gañaron con marcadores avultados.

O Korbis, que tamén se levou a vitoria pola máxima diferenza ante o Liceo (segundo), se mantén na terceira praza malia superalo na cancha. Un punto é o que marca a posición.

TEIS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 15-25/13-25/21-25.
Cancha: Teis.

LICEO 0 - 3 KORBIS

Sets: 21-25/23-25/16-25.
Cancha: Liceo La Paz.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 9

Coruña 1-3 Rianxo
Boiro 1-3 Oleiros
Liceo 0-3 Korbis
Teis 0-3 Emevé
DompaVolei 0-3 CVP

Próxima xornada

Rianxo - CVP
DompaVolei - Emevé
Teis - Korbis
Liceo - Oleiros
Boiro - Coruña

 

Alevín

Vitorias claras para Emevé e Ribeira Sacra na dobre xornada da fin de semana mentres que o Korbis gañou un e perdeu o outro forzando nas dúas ocasións o terceiro set. Na clasificación os tres manteñen posicións co Korbis terceiro, o mellor situado dos tres.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 9

Coruña 2-1 / 2-1 Rianxo
Ribeira Sacra 2-0 / 2-0 Maniotas
Liceo 1-2 / 2-1 Korbis
Teis 0-2 / 0-2 Emevé
Cambados 1-2 / 1-2 Pontevedra

Próxima xornada

Rianxo - CVP
Cambados - Emevé
Teis - Korbis
Liceo - Maniotas
Ribeira Sacra - Coruña