O Korbis levouse o derbi monfortino nas categorías xuvenil e cadete e o Ribeira Sacra na alevín

O Emevé tamén sumou todo vitorias, agás as máis pequenas, que sucumbiron por partida dobre ante o Liceo

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

 O equipo júnior do Emevé cae do liderado trala vitoria do Teis desta fin de semana debido a que o equipo lugués descansou. Ambos os dous están empatados no alto da táboa en número de partidos xogados estando os dous invictos. A próxima fin de semana loitarán entre eles para ver quen se queda a cabeza da lista.

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 8

Bruxas 3-0 DompaVolei
Pontevedra 0-3 Teis

Próxima xornada

Teis - Emevé
DompaVolei - Pontevedra

 

Xuvenil

O Korbis, unha semana máis líder, fíxose co derbi monfortino da categoría xuvenil por 3-1 co que colleita a totalidade de puntos. Malia o resultado, foi o Ribeira Sacra o que se levou o primeiro set, pero as celestes foron de menos a máis sendo contundentes nos dous últimos xogos.

O Emevé, que se mantén na segunda praza, tamén foi claro co Ourense, ao que venceu por 3-0.

EMEVÉ 3 - 0 OURENSE

Sets: 25-20/25-13/25-18.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 3 - 1 RIBEIRA SACRA

Sets: 20-25/25-22/25-12/25-14.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 8

Bruxas 3-0 Dompavolei
CVP A Zalaeta
Emevé 3-0 Ourense
Korbis 3-1 Ribeira Sacra
Oleiros 3-1 Coruña

Próxima xornada

Coruña - Bruxas
Ribeira Sacra - Oleiros
Ourense - Korbis
Zalaeta - Emevé
Dompavolei - CVP

 

Cadete

As cadetes da provincia copiaron os resultados das xuvenís. O Korbis, que segue segundo, fíxose co derbi monfortino por 3-1 co Ribeira Sacra, aínda que neste caso foi o segundo xogo o que quedou en poder das ribeirás.

O Emevé, pola súa conta, foi contundente ante o Ourense e mantén o seu posto de liderado.   

EMEVÉ 3 - 0 OURENSE

Sets: 25-13/25-23/25-19.
Cancha: O Seminario.

KORBIS 3 - 1 RIBEIRA SACRA

Sets: 15-18/19-25/25-19/25-16.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 8

Rianxo 3-0 Cambados
CVP A Teis
Emevé 3-0 Ourense
Korbis 3-1 Ribeira Sacra
Oleiros 0-3 Coruña

Próxima xornada

Coruña - Rianxo
Ribeira Sacra - Oleiros
Ourense - Korbis
Zalaeta - Emevé
Cambados - CVP

 

Infantil

O Emevé infantil arrebatou o liderado do grupo ao Liceo, ao que venceu por 3-2 e malia que cedeu un punto, xa é o novo cabeza de lista por tan só un punto e manténdose aínda invicto tras oito xornadas. As lugueses tiveron un complicado partido no que houbo moita alternancia con marcadores parellos.

O Korbis retomou o curso cunha nova vitoria, o que lle permite seguir na terceira praza. Foi claro co Boiro pero pasou apuros.

EMEVÉ 3 - 2 LICEO

Sets: 26-24/23-25/21-25/25-16/15-9.
Cancha: O Seminario.

KORBIS 3 - 0 BOIRO

Sets: 25-2/25-23/25-21.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 8

Rianxo 3-1 DompaVolei
CVP 3-1 Teis
Emevé 3-2 Liceo
Korbis 3-0 Boiro
Oleiros 3-1 Coruña

Próxima xornada

Coruña - Rianxo
Boiro - Oleiros
Liceo - Korbis
Teis - Emevé
DompaVolei - CVP

 

Alevín

Na categoría alevín foi o Ribeira Sacra o que se levou a vitoria ante o Korbis malia que cedeu yun set mentres que o Emevé caeu co Liceo por partida dobre malia tamén facerse cun xogo.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 8

Rianxo 2-1 / 2-0 Cambados
CVP 2-0 / 2-0 Teis
Emevé 0-2 / 1-2 Liceo
Korbis 0-2 / 1-2 Ribeira Sacra
Maniotas 0-2 / 0-2 Coruña

Próxima xornada

Coruña - Rianxo
Ribeira Sacra - Maniotas
Liceo - Korbis
Teis - Emevé
Cambados - Pontevedra