O Emevé faise con tres vitorias nos catro duelos provinciais co Ribeira Sacra

O Korbis foi moi superior nas categorías de maiores pero caeu por partida dobre na alevín

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

 Nova xornada sen xogar do Emevé, que se prolongará ata depois de Nadal. O equipo de Lugo segue no máis alto da táboa, invicto, e seguido do Teis, tamén sen derrotas pero cun partido menos.

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 7

Oleiros 3-0 Bruxas
Teis 3-0 DompaVolei

Próxima xornada

Bruxas - DompaVolei
Pontevedra - Teis

 

Xuvenil

O Emevé recuperou a prata esta fin de semana tras vencer ao Ribeira Sacra na Pinguela. O conxunto lugués mostrou superioridade na cancha e gañou os tres sets cun marcador cómodo.

Arriba de todo segue a estar o Korbis, que gañou esta fin de semana de novo ao Coruña e segue invicto.

CORUÑA 0 - 3 KORBIS

Sets: 21-25/18-25/13-25.
Cancha: Calasancias.

RIBEIRA SACRA 0 - 3 EMEVÉ 

Sets: 11-25/20-25/17-25.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 7

Oleiros 3-0 Bruxas
Coruña 0-3 Korbis
Ribeira Sacra 0-3 Emevé
Ourense 1-3 CVP
Zalaeta 0-3 Dompavolei

Próxima xornada

Bruxas - Dompavolei
CVP - Zalaeta
Emevé - Ourense
Korbis - Ribeira Sacra
Oleiros - Coruña

 

Cadete

O Emevé tamén se fixo co derbi da categoría cadete co Ribeira Sacra, aínda que tivo que deixar ir un set. As de Lugo seguen liderando a táboa cunha importante vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Korbis.

O conxunto albiceleste tamén venceu ao Coruña con rotundidade e conserva a segunda praza da xeral, catro puntos por baixo das luguesas. O Ribeira sacra, segue na parte fonda da táboa.   

CORUÑA 0 - 3 KORBIS

Sets: 11-25/14-25/25-27.
Cancha: Calasancias.

RIBEIRA SACRA 1 - 3 EMEVÉ 

Sets: 12-25/25-23/13-25/15-25.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 7

Oleiros 0-3 Rianxo
Coruña 0-3 Korbis
Ribeira Sacra 1-3 Emevé
Ourense 2-3 CVP
Teis 3-1 Cambados

Próxima xornada

Rianxo - Cambados
CVP - Teis
Emevé - Ourense
Korbis - Ribeira Sacra
Oleiros - Coruña

 

Infantil

Vitoria tamén do conxunto infantil do Emevé, que se mantén con cifras récord, xa que en sete partidos, non perdeu ningún e só cedeu un set. Ocupa o liderado o Liceo, que tampouco perdeu nunca e que ademais non ten ningún xogo en contra. Vitoria clara do Emevé esta fin de semana para asentar a praza.

O Korbis tamén sumou vitorias pero lle costou vencer nos dous primeiros sets, malia que o terceiro foi un paseo. Seguen na terceira posición da táboa.

CORUÑA 0 - 3 KORBIS

Sets: 21-25/19-25/9-25.
Cancha: Calasancias.

BOIRO 0 - 3 EMEVÉ 

Sets: 16-25/17-25/12-25.
Cancha: A Cachada.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 7

Oleiros 3-1 Rianxo
Coruña 0-3 Korbis
Boiro 0-3 Emevé
Liceo 3-0 CVP
Teis 3-0 DompaVolei

Próxima xornada

Rianxo - DompaVolei
CVP - Teis
Emevé - Liceo
Korbis - Boiro
Oleiros - Coruña

 

Alevín

Reparto de puntos no dobre derbi entre Ribeira Sacra e Emevé, que se saldou na Pinguela co mesmo resultado, 1-2 pero con intercambio de gañadores. 

O Korbis, pola súa conta, caeu derrotado por partida dobre ante o líder pero mantén a segunda praza da clasificación.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 7

Maniotas 0-2 / 0-2 Rianxo
Coruña 2-0 / 2-0 Korbis
Ribeira Sacra 1-2 / 2-1 Emevé
Liceo 0-2 / 2-1 Pontevedra
Teis 0-2 / 1-2 Cambados

Próxima xornada

Rianxo - Cambados
CVP - Teis
Emevé - Liceo
Korbis - Ribeira Sacra
Maniotas - Coruña