As xuvenís seguen copando as primeiras posicións da táboa con novos triunfos

Vitorias en todas as categorías do Emevé e o Ribeira Sacra, pero o Korbis só sumou en xuvenil e cadete

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O equipo feminino do Emevé segue sumando vitorias, esta fin de semana ante o Oleiros a domicilio e malia que cedeu un set, o primeiro, refíxose para levarse a vitoria e a totalidade dos puntos.

OLEIROS 1 - 3 EMEVÉ

Sets: 26-24/17-25/15-25/23-25.
Cancha: Valle Inclán.
 
LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 5

Oleiros 1-3 Emevé

Próxima xornada

Bruxas - Teis

 

Xuvenil

Os tres equipos da provincia lideran a táboa xuvenil con comodidade tras senllos triunfos esta fin de semana. O Korbis, que lidera invicto, apurou o marcador set a set na Pinguela contra o Bruxas pero non deixou ir ningún set. As súas veciñas do Ribeira Sacra, segundas de grupo, tamén foron vencedores pero con moita máis comodidade.

Tamén con decisión venceu o Emevé ao Oleiros a domicilio. O conxunto lugués ocupa a terceira praza trala derrota da pasada semana ante o líder no derbi provincial.

KORBIS 3 - 0 BRUXAS

Sets: 28-26/26-24/25-15.
Cancha: A Pinguela.

OLEIROS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 15-25/15-25/10-25.
Cancha: Valle Inclán.

RIBEIRA SACRA 3 - 0 DOMPAVOLEI

Sets: 25-21/25-13/25-12.
Cancha: Zalaeta.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 5

Korbis 3-0 Bruxas
Oleiros 0-3 Emevé
Coruña 1-3 CVP
Ribeira Sacra 3-0 Dompavolei
Ourense 3-0 Zalaeta

Próxima xornada

Bruxas - Zalaeta
Dompavolei - Ourense
CVP - Ribeira Sacra
Emevé - Coruña
Oleiros - Korbis

 

Cadete

Triple vitoria para os conxuntos da provincia de novo. O Emevé segue imparable e foi superior en todo o partido, asentado no liderado invicto. Tamén o Korbis venceu, como terceiro de grupo trala derrota da pasada fin de semana co equipo de Lugo. Nesta ocasión deixou ir un punto porque tivo que forzarse o partido ata o quinto set.

O Ribeira Sacra sobe posicións na táboa para poñerse sexto tras vencer ao Cambados na Pinguela. Segunda vitoria do curso para as monfortinas.  

RIANXO 2 - 3 KORBIS

Sets: 25-23/25-16/16-25/22-5/4-15.
Cancha: Municipal de Rianxo.

OLEIROS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 18-25/14-25/18-25.
Cancha: Valle Inclán.

RIBEIRA SACRA 3 - 0 CAMBADOS

Sets: 25-19/25-18/25-15.
Cancha: Teis.

 

LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 5

Rianxo 2-3 Korbis
Oleiros 0-3 Emevé
Coruña 3-1 Pontevedra
Ribeira Sacra 3-0 Cambados
Ourense 3-0 Teis

Próxima xornada

Rianxo - Teis
Cambados - Ourense
CVP - Ribeira Sacra
Emevé - Coruña
Oleiros - Korbis

 

Infantil

O Emevé segue na procura do liderado absoluto, que agora comparte co Liceo. Volveu vencer esta fin de semana ante o Oleiros pola máxima diferenza aínda que con marcadores axustados.

Derrota pola contra do Korbis, que se recuperou do primeiro set pero o local foi superior e se levou os tres puntos. Cae á cuarta posición con esta segunda derrota tralo derbi da pasada semana e iso que empezou a liga con tres vitorias consecutivas. 

RIANXO 3 - 1 KORBIS

Sets: 25-15/15-25/25-10/25-16.
Cancha: Municipal de Rianxo.

OLEIROS 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 23-25/17-25/21-25.
Cancha: Valle Inclán.
 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 5

Korbis 3-1 Rianxo
Oleiros 0-3 Emevé
Coruña 3-2 CVP
Dompavolei 0-3 Boiro
Liceo 3-0 Teis

Próxima xornada

Rianxo - Teis
DompaVolei - Liceo
CVP - Boiro
Emevé - Coruña
Oleiros - Korbis

 

Alevín

Primeira derrota do Korbis no dobrete desta fin de semana, na que cravou o resultado e malia ganar un set en cada un, non sumou. Queda na segunda praza. O Emevé si venceu por partida dobre e sobe ao sexto lugar, ao contrario que o Ribeira Sacra, que malia que gañou queda na quinta.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 5

Korbis 1-2 /1-2 Rianxo
Maniotas 0-2 / 0-2 Emevé
Coruña 2-0 / 2-1 Pontevedra
Ribeira Sacra 2-1 / 2-0 Cambados
Liceo 2-0 / 2-0 Teis

Próxima xornada

Rianxo - Teis
Cambados - Liceo
CVP - Ribeira Sacra
Emevé - Coruña
Korbis - Maniotas