Os partidos adiados impiden coñecer con antelación o destino dos equipos da provincia

O Emevé lidera as táboas de júnior, xuvenil e cadete mentres que o Korbis está á fronte da alevín
XUV FEM-Ribeira Sacra-Emeve-FER (6)
photo_camera Imaxe de arquivo

Consulta a clasificación aquí

Júnior

Co vitoria sobre o Teis, en partido adiado, o Emevé ten máis opcións de facerse co título xa que aínda lle queda un partido pendente. O Teis, principal rival durante a tempada, xa rematou a competición, pero quédanlle dous ao Bruxas, que poderían poñer en perigo o título para o equipo lugués se este perde.

TEIS 1 - 3 EMEVÉ

Parciais:17-25/25-20/18-25/15-25.
Cancha: Teis.

 

Resultados xornada 17 e adiado

Xuvenil Teis 1 3 Emevé
Bruxas 3 0 Xuvenil Teis
Pontevedra D Emevé
Dompavolei D Xiria

Próxima xornada

Pontevedra 3 0 Bruxas
Emevé D Xiria
Dompavolei D Xuvenil Teis

 

Xuvenil

O Emevé, que xa era campión de grupo desde hai semanas, volveu vencer pero nesta ocasión pola mínima diferenza (2-3), cedendo dous sets e un punto, o primeiro esta campaña, e faino ante o Voleyourense. Aínda que o segundo, o Coruña, ten un partido adiado, o equipo lugués sácalle 17 puntos na xeral.

O Korbis, que aprazou o duelo co Coruña, podería facerse coa segunda praza cando recupere este e outro que ten por disputar, co Ribeira Sacra, ademais do último de Liga.

Pola súa conta, o Ribeira Sacra firmou unha vitoria e non poderá mellorar a súa novena posición aínda que ten dous partidos por xogar tamén. Podería ser o pechacancelas se o Bruxas gaña.

VOLEYOURENSE 2 - 3 EMEVÉ

Parciais: 25-20/14-25/7-25/27-25/4-15.
Cancha: O Pompeo.

BRUXAS 0 - 3 RIBEIRA SACRA

Parciais: 18-25/22-25/21-25.
Cancha: Bertamiráns.

Resultados xornada 17

Bruxas 0 3 Ribeira Sacra
Rianxo 3 1 Pontevedra
Ourense 2 3 Emevé
Colegio Liceo A Oleiros
Coruña A Korbis

Próxima xornada

Ribeira Sacra - - Ourense
Korbis - - Colegio Liceo
Oleiros - - Coruña
Emevé - - Rianxo
Pontevedra - - Bruxas
 
 
 
 

 

Cadete

Xornada descafeinada na categoría co aprazamento de tres dos cinco partidos previstos, dous deles de equipos da provincia. Todo queda por decidir na categoría, na que o Emevé lidera pero ten ao Coruña cun partido menos por detrás e cos mesmos puntos. O Korbis, que tamén ten a posibilidade de sumar 6 puntos, está na terceira praza.

O Ribeira Sacra tamén terá que defender a oitava de Voleyourense e Boiro.

VOLEYOURENSE 2 - 3 EMEVÉ

Parciais: 25-20/14-25/7-25/27-25/4-15.
Cancha: O Pompeo.

Resultados xornada 17

Boiro A Ribeira Sacra
Rianxo 3 2 Teis
Ourense 0 3 Emevé
Colegio Liceo A Oleiros
Korbis A Coruña
Próxima xornada 
Ribeira Sacra - - Coruña
Korbis - - Colegio Liceo
Oleiros - - Voleyourense
Emevé - - Rianxo
Teis - - Boiro
 
 

Infantil

O Emevé venceu ao Voleiourense esta fin de semana e queda, a falta dun partido, na cuarta praza, a expensas do que pase na última sesión, na que disputará na cancha esa posición co Rianxo.

O Korbis foi derrotado de forma avultada polo líder, xa campión de grupo, o Coruña. O equipo monfortino queda na parte morna da táboa.

VOLEYOURENSE 1 - 3 EMEVÉ

Parciais: 25-20/16-25/6-25/11-25.
Cancha: O Pompeo.

CORUÑA 3 - 0 KORBIS

Parciais: 25-3/25-15/25-11.
Cancha: Calasancias.

Resultados xornada 17

Boiro 3 1 Narón
Rianxo 1 3 Pontevedra
Ourense 1 3 Emevé
Colegio Liceo A Oleiros
Coruña 3 0 Korbis
Próxima xornada
Narón - - Coruña
Korbis - - Colegio Liceo
Oleiros - - Ourense
Emevé - - Rianxo
Pontevedra - - Boiro
 
 
 
 

Alevín

O Korbis firmou dúas novas vitorias e ten moitas opcións para completar con éxito a competición e quedar como campión de grupo ten pouca vantaxe de puntos pero tamén dous partidos menos que os seus rivais.

O Emevé, que está sexto e seguirá aí, ten só pendente unha xornada dobre e esta fin de semana venceu novamente.

O Ribeira Sacra xa tiña disputado o partido e, con outra xornada pendente tamén ademais da última, está na oitava praza.

Resultados 

Rianxo 2
2
0
0
Pontevedra
Maniotas 0
0
2
2
Emevé
Coruña 1
1
2
2
Korbis
Próxima xornada
Narón - - Coruña
Korbis - - Colegio Liceo
Ribeira Sacra - - Maniotas
Emevé - - Rianxo
Pontevedra - - Cambados Azul
 
 
 

 

 
 
 

Más en Voleibol Feminino