Lugo estará presente en todas as finais da Copa Federación

O Emevé chegou á máxima cita nas categorías júnior, cadete e alevín, ademais de que se enfrontará contra o Korbis na xuvenil. Esta xornada pechouse tamén o Torneo Apertura coa clasificación do Korbis cadete en Primeira

Esta xornada resolvéronse tódalas semifinais da Copa Federación e Lugo terá representación nas finais das cinco categorías. O Torneo Apertura chegou ao seu fin con boas noticias para o Korbis, que na cadete se mantén en primeira e co seu conxunto B da xuvenil asegurou a praza na Segunda.

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O Emevé afirmou o seu pase á final da Copa Federación tras vencer no partido de volta ao Dompa. As lucenses leváronse na casa unha vitoria por 3-0 sendo moi superiores en tódolos sets. Enfrontaranse contra o Xuvenil Teis na final.

EMEVÉ 3 - 0 DOMPAVOLEI

Sets: 25-09/25-13/25-14.
Cancha: Casa do Deporte.

 

COPA FEDERACIÓN - JÚNIOR FEMININA         
 

Semifinais volta

Emevé 3-0 Dompavolei
Xuvenil Teis 3-0 CV Oleiros

Final

Emevé - Xuvenil Teis

3º e 4º Posto

Dompavolei - CV Oleiros

                                  

Xuvenil

En canto á Copa Federación da xuvenil, terá final lucense entre o Emevé e o Korbis. Os dous conxuntos da provincia superaron o encontro de volta das semifinais a domicilio cun 0-3 no marcador. 

CV PONTEVEDRA 0 - 3 EMEVÉ

Sets: 19-25/07-25/21-25.
Cancha: A Xunqueira.

CALASANCIAS 0 - 3 KORBIS

Sets: 18-25/23-25/19-25.
Cancha: Calasancias.

 

COPA FEDERACIÓN - XUVENIL FEMININA         

Semifinais Volta

CV Pontevedra 0-3 Emevé
Calasancias 0-3 Korbis

Final

Emevé - Korbis

3º e 4º Posto

CV Pontevedra - Calasancias

 

Pasando a falar do Torneo Apertura xuvenil, rematou co Korbis B adxudicouse unha praza na Segunda despois de vencer ao San Ciprián nos dous partidos da derradeira eliminatoria. As de Monforte venceron os dous choques por 3-0 na Pinguela, contra un conxunto mariñao recentemente incorporado que comezará a súa andaina no voleibol na Terceira. 

KORBIS B 3 - 0 SAN CIPRIÁN

Sets: 25-12/25-05/25-10.
Cancha: A Pinguela.

SAN CIPRIÁN 0 - 3 KORBIS B

Sets: 08-25/09-25/10-25.
Cancha: A Pinguela.

 

 
TORNEO APERTURA - XUVENIL FEMININA         

Resultados 4ª Ronda

Korbis 3-0 San Ciprián
San Ciprián 0-3 Korbis
Narón Volea 1-3 Xiria
Xiria 3-0 Narón Volea
 

 

Cadete

O derbi lucense na semifinal da Copa cadete resolveuse a favor do Emevé, que se levou tanto o partido de volta como de ida contra o Ribeira Sacra. As da capital provincial conquistaron ámbolos encontros por tres sets a favor e terán que enfrontarse na final contra o Calasancias. O Ribeira Sacra loitará polo terceiro posto contra o Voley Ourense.
 

COPA FEDERACIÓN - CADETE FEMININA         
    

Semifinais volta

Voley Ourense 1-3 Calasancias
Ribeira Sacra 0-3 Emevé
Emevé 3-0 Ribeira Sacra

Final

Emevé - Calasancias

3º e 4º Posto

Ribeira Sacra - Voley Ourense

 

En canto ao Torneo Apertura, o Korbis conseguiu manter a praza na Primeira despois de vencer de novo ao Zalaeta. As monfortinas, remataron a fase clasificatoria con comodidade, superando 0-3 ao conxunto da Coruña. Na parte dos que xa quedaran eliminados, o Emevé San Lorenzo conseguiu clasificarse en Segunda, posto que se lle deron por gañado os dous partidos contra o Dumbría.  

ZALAETA 0 - 3 KORBIS

Sets: 18-25/08-25/11-25.
Cancha: Zalaeta.

 

TORNEO APERTURA - CADETE FEMININA         

Resultados 3ª eliminatoria gañadores

Zalaeta 0-3 Korbis
      

Resultados 4ª eliminatoria perdedores

Emevé San Lorenzo 3-0 Dumbría
Dumbría 0-3 Emevé San Lorenzo
Maniotas 3-1 Xiria
Xiria 0-3 Maniotas

 

Infantil

Na categoría Infantil o Korbis quedou tamén clasificado para a final da Copa. As lucenses superaron por segunda vez ao Xuvenil Teis. Nesta ocasión foi na Pinguela e co mesma diferencia que no duelo de ida (3-0). Teran que pelexar polo primeiro posto do podio contra o Oleiros, que gañou dous apertados encontros contra o Calasancias.

KORBIS 3 - 0 XUVENIL TEIS

Sets: 25-19/25-16/25-10.
Cancha: A Pinguela.

 

COPA FEDERACIÓN - INFANTIL FEMININA         
 

Semifinais Volta

Korbis 3-0 Xuvenil Teis
Calasancias 2-3 Oleiros

Final

Korbis - Oleiros
 

 

Alevín

Na Copa alevín, o Emevé loitará por levarse a final contra o Ourense. O equilo lucense confirmou o seu pase tras vencer o segundo partido das semifinais contra o Calasancias por 2-1.

EMEVÉ 2 - 1 CALASANCIAS

Sets: 25-10/20-25/15-07.
Cancha: Barrio de las Flores.

 

COPA FEDERACIÓN - ALEVÍN FEMININA         

Semifinais Volta

Emevé 2-1 Calasancias
Ourense Volei Praia 2-0 CV Pontevedra
CV Pontevedra 0-2 Ourense Volei Praia

Final

Emevé - Ourense Volei Praia