Triunfo para o Korbis e dúas derrotas e unha vitoria para o Ribeira Sacra na estrea da Copa

A feminina estreou o novo formato tamén coa participación do San Ciprián no Torneo Apertura xuvenil

Esta fin de semana arrincou na feminina o novo formato de competición proposto pola Federación Galega de Voleibol. Mediante os Torneos Apertura, disputados en outubro en tódalas categorías, definiranse por clasificación os equipos que xogarán esta tempada en Primeira, Segunda ou Terceira división.

Só se manteñen seis prazas de Primeira para os seis equipos mellor colocados o curso pasado, os cales participan na Copa Federación. Quedan por definir catro prazas de Primeira, dez prazas para Segunda e, o resto, competirá en Terceira, xunto cos equipos que directamente se apuntaron a esa categoría.

Consulta as competicións aquí

     

Júnior

A Copa Federación da categoría júnior conta coa participación do Emevé, pero o equipo lucense comezou o campionato descansando.

COPA FEDERACIÓN - JÚNIOR FEMININA         

Resultados Cuartos

Dompavolei 3-1 CV Pontevedra
CV Oleiros A Voleibol Bruxas
Emevé D Xuvenil Teis

                                 

Xuvenil

Na xuvenil, saltaron á pista o Ribeira Sacra e o Korbis con resultados dispares, mentres que o Emevé tamén descansou. As primeiras caeron contra o Pontevedra na Pinguela cun resultado de 1-3, tras vencer o primeiro set e caer no segundo por só dous puntos, fóiselles escapando o partido. En canto ao Korbis, sentenciou cun 0-3 o encontro contra o Aceites Abril; despois dun primeiro set fulminante (12-25) as locais apertaron, pero non se lles escapou a vitoria. 

RIBEIRA SACRA 1 - 3 CVP

Sets: 24-26/25-23/10-25/16-25.
Cancha: A Pinguela.

ACEITES ABRIL 0 - 3 KORBIS

Sets: 12-25/19-25/22-25.
Cancha: O Pompeo.

 

COPA FEDERACIÓN - XUVENIL FEMININA         

Resultados Cuartos

Ribeira Sacra 1-3 CV Pontevedra
Aceites Abril Voley Ourense 0-3 Korbis
Arenal Emevé D Calasancias

 

O Torneo Apertura xuvenil conta con dous equipos lucenses. Ao Korbis B tocoulle descansar esta fin de semana, mentres que ao San Ciprián tocáballe enfrontarse contra o Vigo Voleibol B. As viguesas non se presentaron aos seus encontros, polo que lle deron a vitoria ao conxunto lucense.

 
TORNEO APERTURA - XUVENIL FEMININA         

Resultados Primeira Eliminatoria

Voleibol Dumbría 3-0 Voley Ribeira
Voley Ribeira 0-3 Voleibol Dumbría
Xiria Hierros 0-3 Cervantes Xiria
Cervantes Xiria 3-0 Xiria Hierros
Voleibol Santiago 0-3 Coruña B
Coruña B 3-0 Voleibol Santiago
San Ciprián 3-0 Vigo Voleibol B
Vigo Voleibol B 0-3 San Ciprián
Vigo Voleibol D Narón Volea B
Maniotas D Korbis

 

Cadete

En canto á categoría cadete, os equipos de Lugo atópanse entre as filas da Copa Federación. Ao Ribeira Sacra tocoulle enfrontarse contra o Pontevedra tamén nesta categoría, pero neste caso foron as lucenses quen se levaron a vitoria por 3-1, despois de remontar o primeiro set perdido. No caso do Emevé, tampouco saíu á pista aínda. 

       

RIBEIRA SACRA 3 - 1 CVP

Sets: 24-26/25-19/27-25/26-24.
Cancha: A Pinguela.

 

COPA FEDERACIÓN - CADETE FEMININA         

Resultados Cuartos

Oleiros 3-1 Aceites Abril Voley Ourense
Ribeira Sacra 3-1 CV Pontevedra
Emevé D Calasancias

 

Infantil

Pasando a falar da infantil, o Korbis disputa a Copa Federación, pero descansou no primeiro cruce.

COPA FEDERACIÓN - INFANTIL FEMININA         

Resultados Cuartos

Xuvenil Teis 3-0 Boiro Voleibol
Oleiros 3-1 Voleibol Rianxo
Korbis D Calasancias

 

Alevín

Pola parte dos equipos da Copa Federación alevín, o Emevé descansou e Ribeira Sacra caeu contra o Pontevedra por 0-2, malia competir moi ben o primeiro set. No Torneo Apertura está o Korbis, que aínda non comezou a competición.

RIBEIRA SACRA 0 - 2 CVP

Sets: 17-25/12-25
Cancha: A Pinguela.

 

COPA FEDERACIÓN -  ALEVÍN FEMININA         

Resultados Cuartos

Liceo 1-2 Voleibol Rianxo
Ribeira Sacra 0-2 CV Pontevedra
Emevé D Calasancias