O Korbis remata coa imbatibilidade do Emevé infantil tras vencer na Pinguela o derbi

O Ribeira Sacra pechou unha gran xornada con catro vitorias, as das xuvenís e cadetes e o dobrete das alevíns

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

Sen consecuencias para o Emevé se celebrou un único partido de Liga esta fin de semana.

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 13

Oleiros 3-0 Pontevedra

Próxima xornada

Emevé - Oleiros

 

 

Xuvenil

Co derbi provincial disputado en xaneiro adiantado, só tivo xornada para os de Lugo o Ribeira Sacra, que asentou o terceiro lugar da xeral cunha nova vitoria, a cuarta consecutiva, ante o Zalaeta.

RIBEIRA SACRA 3 - 0 ZALAETA

Sets: 25-18/25-12/25-19.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 13

Ourense 3-0 Bruxas
Ribeira Sacra 3-0 Zalaeta
Coruña 3-2 Dompavolei
Oleiros 3-2 CVP

Próxima xornada

Bruxas - Korbis
Emevé - Oleiros
CVP - Coruña
Dompavolei - Ribeira Sacra
Zalaeta - Ourense

 

 

Cadete

O derbi cadete tamén estaba xa disputado e o Ribeira Sacra aportou a vitoria da xornada para romper unha xeira negativa desde a xornada 3. O Teis é para o equipo un rival directo por posición na táboa, equipo que agora ten a un punto de distancia.

RIBEIRA SACRA 3 - 0 TEIS

Sets: 25-22/25-20/25-10.
Cancha: A Pinguela.
 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 13

Ourense 3-2 Rianxo
Ribeira Sacra 3-0 Teis
Coruña 3-0 Cambados
Oleiros 3-0 CVP

Próxima xornada

Korbis - Rianxo
Emevé - Oleiros
CVP - Coruña
Cambados - Ribeira Sacra
Teis - Ourense

 

Infantil

O Korbis rematou coa imbatibilidade do Emevé, que perdeu pola máxima diferenza na Pinguela este sábado. As locais foron contundentes na súa ansia por arrebatarlle o liderado ás de Lugo, que aínda así manteñen a primeira praza con catro puntos de vantaxe.

KORBIS 3 - 0 EMEVÉ

Sets: 25-14/25-20/25-10.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 13

Liceo 3-1 Rianxo
Boiro 0-3 Teis
Coruña 3-0 Dompavolei
Oleiros 3-0 CVP
Korbis 3-0 Emevé

Próxima xornada

Korbis - Rianxo
Emevé - Oleiros
CVP - Coruña
Teis - Liceo

 

Alevín

Dobrete de vitorias para ambos equipos monfortinos. O Ribeira Sacra foi contundente ante o Teis para levarse os dous partidos, o mesmo que fixo o Korbis, que vai segundo na táboa, ante o Emevé.

Non deron as monfortinas opcións aos seus rivais pechando os dous partidos pola máxima diferenza de 2-0.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 13

Liceo 0-2 / 2-1 Rianxo
Ribeira Sacra 2-0 / 2-0 Teis
Coruña 2-0 / 2-1 Cambados
Maniotas 0-2 / 0-2 CVP
Korbis 2-0 / 2-0 Emevé

Próxima xornada

Rianxo - Korbis
Emevé - Maniotas
CVP - Coruña
Cambados   Ribeira Sacra
Teis - Liceo