O Emevé xuvenil e cadete aseguran a primeira praza a dúas xornadas do final

A próxima sesión será a penúltima, antes da de recuperación de partidos, para pechar a fase o primeiro de abril

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O liderado o Emevé segue incuestionable ante unha nova sesión de descanso antes da última xornada, na que se enfrontará co Teis, 6 puntos por abaixo pero un partido menos.

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 16

Bruxas 1-3 Oleiros
Dompavolei 0-3 Teis

Próxima xornada

Dompavolei - Bruxas
Teis - CVP

 

 

Xuvenil

O Emevé xa é campión de grupo tras sumar tres novos puntos pola vitoria sobre o Ribeira Sacra, que cae á terceira posición. O equipo lugués saca xa 9 puntos de vantaxe a falta de dúas sesións e cun resultado total de 14 vitorias e 2 derrotas.

O Ribeira Sacra, que non ten partidos pendentes aínda non ten asegurado o posto de bronce.

O mesmo que o Korbis, que tampoco ten segura a segunda praza que logrou esta fin de semana tras vencer ao Coruña. Só leva un punto de vantaxe sobre as súas veciñas pero esta fin de semana volveu ser incuestionable para romper a xeira de tres derrotas consecutivas que levaba.

EMEVÉ 3 - 0 RIBEIRA SACRA

Sets: 25-15/25-12/25-15.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 3 - 1 CORUÑA

Sets: 25-9/21-25/25-17/25-12.
Cancha: A Pinguela.
 
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 16

Bruxas 3-0 Oleiros
Korbis 3-1 Coruña
Emevé 3-0 Ribeira Sacra
CVP 3-2 Ourense
Dompavolei 3-2 Zalaeta

Próxima xornada

Dompavolei - Bruxas
Zalaeta - CVP
Ourense - Emevé
Ribeira Sacra - Korbis
Coruña - Oleiros

 

 

Cadete

O Emevé tamén na cadete é xa o campión de grupo tras vencer, ao igual que o xuvenil, ao Ribeira Sacra por 3-0 e con marcadores moi similares. O equipo monfortino neste caso está penúltimo pero aínda con opción de mellorar.

O Korbis, pola súa banda, caeu ante o Coruña, segundo de grupo, e baixa ata a cuarta praza pero ten un partido menos que os seus rivais polo que podería mellorar a posición antes do final da liga.

EMEVÉ 3 - 0 RIBEIRA SACRA

Sets: 25-13/25-15/25-14.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 0 - 3 CORUÑA

Sets: 18-25/20-25/21-25.
Cancha: A Pinguela.
 
 
 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 16

Rianxo 3-1 Oleiros
Korbis 0-3 Coruña
Emevé 3-0 Ribeira Sacra
CVP 1-3 Ourense
Cambados A Teis

Próxima xornada

Cambados - Rianxo
Teis - CVP
Ourense - Emevé
Ribeira Sacra - Korbis
Coruña - Oleiros

 

 

Infantil

Emevé e Korbis deberán esperar para dirimir o gañador da fase, xa que o equipo de Lugo, que ten un partido máis que o Korbis, está só a catro puntos e teñen ambos a outros dous equipos pegados. O que si saben é que estarán como mínimo entre os catro primeiros.

O equipo de Lugo venceu ao Boiro a fin de semana de forma cómoda, o mesmo que fixo o Korbis co Coruña.

EMEVÉ 3 - 0 BOIRO

Sets: 25-10/25-14/25-17.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 3 - 0 CORUÑA

Sets: 25-11/25-9/25-17.
Cancha: A Pinguela.
 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 16

Rianxo 1-3 Oleiros
Korbis 3-0 Coruña
Emevé 3-0 Boiro
CVP 2-3 Liceo
Dompavolei 0-3 Teis

Próxima xornada

Dompavolei - Rianxo
Teis - CVP
Liceo - Emevé
Boiro - Korbis
Coruña - Oleiros

 

Alevín

Entre as pequenas da competición, o Korbis, que perdeu por partida dobre co líder, queda polo momento na segunda praza mentres que o Ribeira Sacra mantense na zona media. As monfortinas, no dobre duelo co Emevé, recibiron unha de cal e outra de area.

As de Lugo están sétimas.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 16

Rianxo A Maniotas
Korbis 0-2 / 0-2 Coruña
Emevé 2-1 / 1-2 Ribeira Sacra
CVP 2-0 / 2-1 Liceo
Cambados A Teis

Próxima xornada

Cambados - Rianxo
Teis - CVP
Liceo - Emevé
Ribeira Sacra - Korbis
Coruña - Maniotas