Dobrete de vitorias para os tres equipos da provincia na categoría alevín

Derrota do Emevé e o Korbis xuvenís, aínda que manteñen os primeiros postos da clasificación

Consulta as clasificacións aquí

     

Júnior

O liderado o Emevé non presenta perigo tras a novena vitoria consecutiva do equipo a falta de catro xornadas, nas que só xogará unha máis, a última, polo que terá tres sesións de descanso. Superioridade clara e manifesta do equipo xuvenil de Lugo ante o Oleiros.

EMEVÉ 3 - 0 OLEIROS

Sets: 25-15/25-12/25-18.
Cancha: Casa do Deporte.

 

LIGA GALEGA JÚNIOR FEMININA 

Resultados xornada 14

Emevé 3-0 Oleiros

Próxima xornada

Teis - Bruxas

 

 

Xuvenil

Escorregada por partida dobre do Emevé e o Korbis, que perderon senllos partidos esta fin de semana. As luguesas caeron contra o Oleiros e as monfortinas co Bruxas. O resultado non ten efecto sobre a táboa aínda, xa que seguen primeiro e segundo. O Emevé sumou un punto ao chegar ao quinto set.

Quen si gañou foi o Ribeira Sacra, terceiro na xeral, que suma só dous puntos porque tamén forzou o quinto set que obriga a reparto de puntos.

EMEVÉ 2 - 3 OLEIROS

Sets: 25-22/25-21/16-25/16-25/10-15.
Cancha: Casa do Deporte.

BRUXAS 3 - 0 KORBIS

Sets: 25-18/25-15/25-18.
Cancha: Bertamiráns.

DOMPAVOLEI 2 - 3 RIBEIRA SACRA

Sets: 9-25/25-16/25-21/14-25/4-15.
Cancha: Os Remedios.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA 

Resultados xornada 14

Bruxas 3-0 Korbis
Emevé 2-3 Oleiros
CVP 3-1 Coruña
Dompavolei 2-3 Ribeira Sacra
Zalaeta 0-3 Ourense

Próxima xornada

Zalaeta - Bruxas
Ourense - Dompavolei
Ribeira Sacra - CVP
Coruña - Emevé
Korbis - Oleiros

 

 

Cadete

Vitoria do Emevé, que lle permite manter a primeira praza da clasificación tras un duelo apertado nos tres xogos que lle fixeron falta para desfacerse do Oleiros.

Non tivo a mesma sorte o Korbis, que caeu na Pinguela ante o Rianxo e que o envía á terceira praza da táboa.

O Ribeira Sacra suma a segunda vitoria consecutiva ante o pechacancelas e sobe dúas posicións na clasificación, aínda que segue na parte baixa, xa que é sétimo.

EMEVÉ 3 - 0 OLEIROS

Sets: 25-19/25-22/28-26.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 0 - 3 RIANXO

Sets: 14-25/17-25/19-25.
Cancha: A Pinguela.

CAMBADOS 0 - 3 RIBEIRA SACRA

Sets: 20-25/20-25/22-25.
Cancha: Ramón Cabanillas.
 
 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA 

Resultados xornada 14

Korbis 0-3 Rianxo
Emevé 3-0 Oleiros
CVP 1-3 Coruña
Cambados 0-3 Ribeira Sacra
Teis A Ourense

Próxima xornada

Teis - Rianxo
Ourense - Cambados
Ribeira Sacra - CVP
Coruña - Emevé
Korbis - Oleiros

 

Infantil

Tras 12 vitorias de inicio de Liga, o Emevé caeu derrotado por segunda vez consecutiva. Nesta ocasión ante o Oleiros, ante o que foi claramente inferior. Malia o resultado negativo mantén o liderado por un único punto de diferenza.

O Korbis venceu ao Rianxo polo que as súas aspiracións ao liderado son claras co líder a un punto agora.

EMEVÉ 0 - 3 OLEIROS

Sets: 16-25/16-25/15-25.
Cancha: Casa do Deporte.

KORBIS 3 - 0 RIANXO

Sets: 25-22/25-14/25-12.
Cancha: A Pinguela.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA 

Resultados xornada 14

Korbis 3-0 Rianxo
Emevé 0-3 Oleiros
CVP 3-1 Coruña
Teis 0-3 Liceo

Próxima xornada

Teis - Rianxo
Liceo - Dompavolei
CVP - Boiro
Coruña - Emevé
Korbis - Oleiros

 

Alevín

Os tres alevíns da provincia remataron a sesión con vitoria, cada un deles por partida dobre xa que xogaron dous partidos.

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA 

Resultados xornada 14

Rianxo 0-2 / 0-2 Korbis
Emevé 2-1 / 2-0 Maniotas
CVP 0-2 / 1-2 Coruña
Cambados 1-2 / 0-2 Ribeira Sacra
Teis 1-2 / 0-2 Liceo

Próxima xornada

Teis - Rianxo
Liceo - Cambados
Ribeira Sacra - CVP
Coruña - Emevé
Maniotas - Korbis