Veciños e asociacións agradecen a Lola o seu traballo na cantina de Santa Mariña

A homenaxe forma parte dunha iniciativa para recoñecer a todas as persoas que traballaron nas tabernas e comercios do rural
Homenaxe a Lola. EP
photo_camera Homenaxe a Lola. EP

Lola, propietaria da cantina de Santa Mariña, en Antas de Ulla, recibiu esta mañá de sábado unha homenaxe polos seus anos de traxectoria no mundo da hostalería.

Varias asociacións como Fiadeira (Antas), Agrocuir da Ulloa (Monterroso) ou Entropía Folk (Monterroso), ademais dos propios veciños, xuntáronse para honrar os anos de servizo da muller.

A homenaxe forma parte dunha iniciativa para agradecer a todas as persoas que traballaron nas tabernas e comercios do rural.

Comentarios