Triste despedida a María Barreiro, a avoa de Melide que faleceu aos 108 anos de idade

Tratábase da persoa de maior idade da contorna e unha das máis lonxevas de Galicia
undefined
photo_camera María Barreiro. EP

Os veciños de Melide despediron esta pasada fin de semana á que era considerada como a avoa do municipio, ao ser a de maior idade da contorna e unha das persoas máis lonxevas de Galicia, María Barreiro, que faleceu aos 108 anos de idade.

Nada o 20 de xuño de 1913 na parroquia melidá de Zas de Rei, esta muller gozaba ata fai moi pouco dunha gran vitalidade e, de feito, era unha das asistentes máis habituais das últimas edicións da festa dos maiores, organizada polo Concello.

Viúva desde facía máis de 45 anos, María criou a catro fillos -dos que sobreviven tres- e tiña tamén varios netos, bisnetos e tataranetos.

Comentarios