OBITUARIO. Tomás de Sampedro

Flores en un cementerio.PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio.PIXABAY

En Frameán de Monterroso faleceu Tomás Vázquez Rouco, o Tomás de Sampedro, como mellor se lle coñecía. Un home de raíces caribeñas por mor da emigración a Cuba. Seus pais, como moitos monterrosinos máis, tiveron que cruzar o Atlántico cando aquelo era unha verdadeira odisea, segundo se recolle nos anais da historiado noso país.

Tomás voltou noviño para asentaren Monterroso. Seguramente, os ventos que Tomás respirou por alá pegaron de cheo neste home, que axiña amosou aptitudes para a  música. Tivo a sorte de atopar unha chea de veciños coa mesma ansia, e tamén co extraordinario mestre don Moisés Davia, que logrou coa súa capacidade formadora unha extraordinaria sementeira musical en Monterroso.

Davia e Cambesis lograron atraer e conxuntar un brillante plantel, no que estaban Adolfo Soengas Baltar, compositor e subdirector de bandas miliares españolas; Manuel Gato Soengas, que alcanzou a subdirección da banda de música da Policía Nacional; José Montes Vila, ilustre catedrático de fagot no conservatorio de música de Donostia; e outros moitos máis, dos que habería de ocuparse de algún modo.

As ensinanzas musicais impartidas por Davia e Cambesis fixeron milagres e debo dicir que tal vez foron o xermolo primeiro dunha verdadeira saga de músicos profesionais, dedicados na actualidade a docencia, o que di moito da importancia da inversión pública en materia educativa cando se atopa coa dedicación e desvelo de todos e todas eses profesionais. E Tomás tamén intentou acceder a una banda de música militar no seu día, pero unha ordenanza impediullo, así que a orquestra Mambo, promocionada por outro monterrosino, Ramiro Gómez; a orquestra Liceo, que toma o nome dun centro no que actuaba sempre, o Liceo de Monterroso; e a banda de música monterrosina A Querida Lira, despois Nova Lira, a banda de Antas de Ulla, e máis recentemente a banda de Chantada, foron bonitas empresas artísticas populares nas que o Tomás tivo un bo paquete de accións.

Noutra ocasión xa falaremos doutro músico de Frameán, de Monterroso ou da Ulloa. Todos foron deixando unha brillante pagada na traxectoria vital. Pero esas son outras historias das que os monterrosinos e monterrosinas nos sentimos orgullosos. Tomás, admirámoste! E diremos outro tanto de quenes foron referentes da canteira musical de Monterroso.

Comentarios