sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Son d"Aldea celebrará os seus dez anos con Celso Sanmartín e Luar na Lubre

undefined
Presentación do Son d"Aldea, onte na parroquia palense de Albá. EP
A cita, que dispón xa das entradas á venda, terá lugar a primeira fin de semana de setembro na parroquia palense de Santiago de Albá e logo dun ano de obrigado parón polo covid-19

O festival Son d"Aldea, impulsado pola asociación cultural e de veciños de Santiago de Albá e do grupo de teatro Metátase, cumprirá dez edicións a primeira fin de semana de setembro, en Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

Así o comunicaron este martes na presentación os representantes da organización -José Luís Carreira e Afonso García Penas- e das administracións colaboradoras, Pablo Taboada como rexedor municipal e Pilar García Porto, por parte da Deputación de Lugo. A cita, que recupera o pulso que perdeu o ano pasado pola situación sanitaria, contará con actuacións de artistas como Luar na Lubre ou Celso Sanmartín.

As actividaes comezarán o día 3 ás 17.00 horas, cunha xornada de debate sobre a intervención social no medio rural, na que participarán Manuel Vieites, que foi director da Esad, e Alicia González. Ás 20.00 horas presentaranse os libros referidos ás edicións do festival do 2016 e do 2019, e a xornada rematará coa actuación do Comando Curuxás, a banda da Ulloa que deu novas tonalidades á música das romarías de antes.

O sábado pola mañá comezará co xa clásico roteiro teatral a cargo das compañías teatrais palenses Metátase e Alentía, e centrado nos saberes da aldea referentes a distintos oficios. A recepción de participantes empeza ás 9.30 horas, e dende a organización recomendan puntualidade. Este ano, como medida de prevención, non se repartirá comida nin bebida, pero cada persoa pode levar o que considere oportuno, ademais de bo calzado para camiñar.

A escola de teatro Taboadela representará 'Os marcos da vida', e a agrupación Mere Clown, 'Mere-cidadmente'. O roteiro rematará co xantar na aldea.

Esta xornada, na que tamén se celebrará a Mostra de Artesanía Alimentaria, continuará con xogos populares ás 17.00 horas, e ás 19.00 actuará Celso Fernández Sanmartín, poeta lalinense e colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral. Seguiralle a actuación da mítica banda Luar na Lubre, que inspirou a creación do seu último disco na aldea de Albá.

Reservas: protocolos para esta edición 
Son d´Aldea plantexa unha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado e unha reflexión sobre as novas vías no presente.

A Deputación retransmitirá o evento co seu Servizo de Audiovisuais. Entradas Para reservar a entrada nas dúas xornadas, a inscrición deberá realizarse por transferencia bancaria, ou abonándoa a algúns dos organizadores.

Tamén se pode facer a reserva, pendente de pago, no número 633. 42.28.76. Até o 29 de agosto, o prezo da primeira xornada é de 10 euros, e da segunda de 30 euros, ou de 25 para idades entre os 4 e os 12 anos. Despois do 29, o prezo é de 35 euros, de 30 para nenos. Na xornada haberá opción vexetariana, previo aviso no número antes mencionado ou no momento da recepción.

Son d"Aldea celebrará os seus dez anos con Celso Sanmartín e Luar...
Comentarios