viernes. 05.03.2021 |
El tiempo
viernes. 05.03.2021
El tiempo

O Sergas realizará un cribado en Palas de Rei

Cribado en Xove, esta semana. J.Mª ÁLVEZ
Cribado en Xove. J.Mª ÁLVEZ
Esta decisión chega tras o elevado número de casos positivos detectados nos últimos días neste concello

O Sergas vai realizar un cribado poboacional con antíxenos no concello de Palas de Rei ante o elevado número de casos positivos detectados nos últimos días neste concello, cunha incidencia acumulada a 14 días de arredor de 1.000 casos por 100.000 habitantes.

Neste cribado o Sergas vai realizar un muestreo aleatorio para testar á poboación de entre 18 a 65 anos. En total serán citados a facer as probas 500 veciños do concello. O cribado realizarase todas as tardes da semana q vén, dende o luns ao venres e cada día serán citadas 100 persoas ata chegar as 500 q conforman a mostra poboacional á q vai dirixido o cribado. Será no centro de saúde de Palas.

Con este cribado o Sergas trata de detectar a posibles positivos asintomáticos que podan estar sendo transmisores da enfermidade. Os veciños incluidos neste muestreo aleatorio xa están a ser citados mediante SMS. O concello de Palas está a colaborar co Sergas na preparación de toda a loxistica necesaria para realizar este cribado.

O Sergas realizará un cribado en Palas de Rei
Comentarios