Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Santalices e Moncho Fernández, entre os novos 'embaixadores do Melindre'

Pregoeiros e embaixadores da Festa do Melindre. LUIS POLO
Pregoeiros e embaixadores da Festa do Melindre. LUIS POLO

Os irmáns Torres lerón o pregón da festa do doce tradicional de Melide

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, ou o actor Monti Castiñeiras son desde este domingo Embaixadores do Melindre da terra de Melide.

A cerimonia de imposición da distinción tivo lugar na mañá deste domingo no marco da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, que celebra o seu vixésimo sétima edición. 

Así, a organización do evento tamén nomeou como embaixadores do produto de repostaría ao chef Quique Rodríguez, ao director de Comunicación do Corte Inglés Galicia, Pati Blanco; ao director da Orquestra de Cámara de Galicia, Rogelio Groba; ao director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís; ou á Asociación Deportiva Cerne. 

Así mesmo, tamén recibiron a distinción os cociñeiros Sergio e Javier Torres, Elena Fabeiro e Marité, de The Foodie Searcher.

O acto contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. 

O conselleiro de Cultura agradeceu un título que recibe "con orgullo" e que representa a defensa da repostaría tradicional, "unha das manifestacións culturais máis singulares" da zona de Melide. 

Pola súa banda, Miguel Santalices resaltou "o papel protagonista na historia de Galicia" de Melide, que supuxo o punto de partida do bienio 'Irmandiño' no ano 1467. Ademais, agradeceu a hospitalidade dun lugar polo que pasa o Camiño de Santiago, que mantén a Galicia "en contacto" con Europa e o mundo. 

Os irmáns Torres leron o pregón
Os irmáns xemelgos Torres, do programa de TVE Torres en la Cocina, agradeceron ao pobo de Melide a doce acollida que tiveron estes días e destacaron a honra que supón para eles ter sido elexidos pregoeiros nesta cita gastronómica.

En palabras dos chefs, a vila demostrou unha gran hospitalidade e garda unha tradición reposteira dunha importancia culinaria fundamental para a historia de Galicia, e por extensión de España.

Santalices e Moncho Fernández, entre os novos 'embaixadores do...
Comentarios