Rematados os traballos de rehabilitación da rúa Ramón Díaz de Monterroso

Os traballos consistiron na limpeza de cunetas, renovación do firme e mellora da sinalización horizontal e vertical nos 200 metros deste vial

Visita para supervisar a renovación da rúa Ramón Díaz de Monterroso. EP
photo_camera Visita para supervisar a renovación da rúa Ramón Díaz de Monterroso. EP

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos supervisou o remate dos traballos de renovación da rúa Ramón Díaz de Monterroso, que financiou o Executivo provincial cunha achega de preto 20.000 euros. Estes fondos permitiron a rehabilitación do firme con aglomerado en quente dun total de 200 metros deste vial.

Santos Ramos remarcou que "se trata dunha vía do centro urbano de Monterroso que é moi empregada polos veciños da zona, por estaren a igrexa parroquial moi cerca. Ademais, é unha estrada paralela á Benigno Vázquez que conta con moitos servizos, coma bares, establecementos e pequenos comercios, polo tanto tamén serve para estacionar. Tamén se benefician os veciños que viven nesta rúa".   

A Deputación xa investiu 191.000 euros na mellora de infraestruturas viarias e dotacións da vila, como a renovación das rúas Blanca Martinez e Ramón Cabanillas ou da travesía tralo Castro. A maiores, este investimento tamén contempla axudas para área recreativa da Peneda con 19.000 euros; o treito de 1,6 quilómetros da estrada municipal da parroquia de Sirgal con 77.000 euros, así como a mellora do firme de Lardeiros a Sestelo con 16.000 euros.
 

Comentarios