lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Reclusos de Monterroso participan nun proxecto para reducir o consumo de plástico

Os internos da prisión de  Monterroso puxeron en marcha unha horta ecolóxica no marco da iniciativa 'Unha segunda oportunidade'. EP
Os internos da prisión de Monterroso puxeron en marcha unha horta ecolóxica no marco da iniciativa 'Unha segunda oportunidade'. EP

Alumnos da escola de adultos do centro penitenciario elaborarán bolsas de tea con roupa que quedou inutilizada

Alumnos da escola de adultos da cárcere de Monterroso participan nunha iniciativa posta en marcha no centro penal, en colaboración con Sogama, para reducir o consumo e bolsas plásticas, substituíndoas por outras reutilizables. Para isto a escola xa abordou a primeira fase de recollida de roupa que quedou inutilizada no penal para confeccionar bolsas de tea coa mesma.

logo monterroso-02-02-02-02

Segundo explica Sogama nun comunicado, realizaranse dous tipos de bolsa: unha procedente de roupa vaqueira, máis sport, moderna e transgresora; e outra de tea de camisas e batas, máis tradicional e inmaculada".

A misión dos internos do penal será  recoller a roupa fóra de uso nos módulos adscritos á actividade e levala á escola, onde se almacenará, clasificará e procesará no futuro taller de cosido, que arrancará en breve.

A iniciativa enmárcase dentro do programa 'Unha segunda oportunidade', ideado pola mestra da escola Lucía Rodil e que quere "simbolizar a importancia de contar cunha segunda oportunidade no camiño da vida para redescubrirse, para adaptarse, para reencontrarse e, por suposto, para reinsertarse".

O director do centro, Pedro Cantero, atópase entusiasmado coa proposta e considera que constitúe un paso máis no proxecto curricular do centro. "Un proxecto que atende e entende a diversidade, que comprende as particulares circunstancias de cada interno e que intenta extraer o mellor de cada un para poñelo en valor, axudando a construír a aptitude coa que abordar o futuro fóra do penal", explica o comunicado.

PROGRAMAS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. Anteriormente, os alumnos da escola de adultos do centro penitenciario de Monterroso participaron noutros proxectos en colaboración con Sogama. Traballaron na reciclaxe da materia orgánica a través da compostaxe e vermicompostaxe co seu proxecto 'Don't Waste Food' e crearon unha horta ecolóxica con material reciclado na que os internos cultivan multitude de produtos.

Reclusos de Monterroso participan nun proxecto para reducir o...
Comentarios