Un raio rebenta unha vía municipal en Antas de Ulla dun lado a outro da calzada

A fochanca ten 40 centímetros de ancho e unha profundidade considerable
O raio rebentou a calzada en Antas de Ulla. EP
photo_camera O raio rebentou a calzada en Antas de Ulla. EP

Un raio levantou este sábado pola mañá a estrada municipal que vai de Lebesende a Río, no concello de Antas de Ulla, que rexistrou tamén unha intensa treboada. A fochanca que produciu o raio, entre as sete e as oito da mañá, esténdese moito máis aló da vía polos prados contiguos.

O Concello de Antas situou a sinalización oportuna a ambos lados da estrada para avisar aos usuarios da situación. Inda que a vía non está cortada, e a estrada non é moi transitada, dende o goberno local chaman á precaución na circulación.

🌩 Galicia, en alerta amarilla por tormentas en la tarde de este domingo 

A fochanca ten 40 centímetros de ancho e unha profundidade considerable, segundo conta o rexedor municipal, Javier Varela, que manifestou a intención de solicitar axuda á Deputación para reparar o firme, e tamén avanzou que este domingo o Concello efectuará unha reparación na medida das súas posibilidades.

Javier Varela indicou que a raíz da tormenta tamén se produciron caídas de pólas e algunha pequena inundación en locais "que afortunadamente, gracias á colaboración dos veciños, xa están arranxados", indicó.

MÁIS DE 400 RAIOS. A borrasca Lola deixa esta fin de semana chuvascos e saraiba, principalmente no interior da provincia de Lugo. Na xornada deste sábado —ata as oito da tarde— caeron máis de 400 raios na comunidade. 

Comentarios