A produción do queixo Arzúa-Ulloa alcanza 21 millóns de euros en 2017

A consellería do Medio Rural asistiu á 43 edición da feira do queixo desta DOP

Ángeles Vázquez en la Feira do Queixo Arzúa-Ulloa. XUNTA
photo_camera Ángeles Vázquez na Feira do Queixo Arzúa-Ulloa. XUNTA

A produción do queixo Arzúa-Ulloa alcanzou os 3,5 millóns de quilos no ano 2017, o que supuxo un valor económico de máis de 21 millóns de euros, a falta de balance definitivo.

Estes datos foron dados a coñecer pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que asistiu este sábado á 43ª feira do queixo de Arzúa-Ulloa. Vázquez indicou que son 1.348 gandeiros os que entregan leite ás 21 queserías amparadas.

O queixo amparado Arzúa Ulloa, de granxa ou curado, elabórase con leite de vaca procedente das razas rubia galega, parda alpina e frisoa ou os seus cruces entre si.

Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural sinala que a transformación "é un proceso crave no futuro do sector lácteo galego".

Comentarios