jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Obituario: Pesar en Antas de Ulla polo pasamento de Otilia Sixto aos 71 anos de idade

Persoa solidaria e comprometida, era natural do concello pontevedrés de Agolada

Otilia Sixto Otero dixo adeus aos 71 anos. Para todos era Chucha, da casa do Maestro, e a súa perda deixa un baleiro imposible de encher. Chucha nacera en Baíña, no concello de Agolada, e desde moi nova gañou o cariño de toda a xente pola súa adicación aos demais.

María Otilia casou con Fernando e estableceuse en Veloín (Antas de Ulla), onde pasaría o resto da súa vida. Alí labrou a súa vida a base de esforzo e loita, sendo unha muller incansable tanto nos labores de campo como no eido social, sendo recoñecida pola súa solidariedade e colaborando ao longo dos seus días con distintas asociacións benéficas.

En Veloín construíu a súa casa, a súa vida e tamén tivo xunto ao seu esposo a Fernando, que despediu onte a unha nai á que lembrará para sempre.

Obituario: Pesar en Antas de Ulla polo pasamento de Otilia Sixto...
Comentarios