Monterroso presenta ao conselleiro o proxecto para a creación do seu Museo

O goberno local pideaxudas para a creación e posta en funcionamento do centro

Visita de Román Rodríguez a Monterroso.EP
photo_camera Visita de Román Rodríguez a Monterroso.EP

O goberno local de Monterroso recibiu este martes a visita do conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, ao Concello de Monterroso durante a que coñeceu o proxecto para a creación do Centro de Interpretación e Museo Carlos Méndez.

Estiveron presentes na visita que o conselleiro realizou membros do equipo de goberno, o presidente e o vicepresidente do Instituto de Estudos Ulloáns, así como a historiadora e artífice do proxecto María José Alvite.

O goberno local expuxo ao conselleiro que este Museo de Monterroso albergaría a exposición e posta en valor das pezas doadas polo párroco D. Carlos Méndez, así como un centro de interpretación da Feira de Monterroso, un evento que conta con máis de 800 anos de antigüedade.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destacou que "é unha forte aposta do goberno municipal pola posta en valor da cultura e das tradicións monterrosinas que emana do diálogo e da colaboración entre Xunta de Galicia, Carlos Méndez, o Instituto de Estudos Ulloáns e o equipo de goberno”.

Camiño Santo, itinerario cultural

O goberno local trasladou tamén o seu interese por poñer en valor o Camiño Santo, unha das rutas xacobeas que pasan polo municipio de Monterroso. Así, interesáronse por declarar o Camiño Santo como itinerario cultural.

Comentarios