miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Malestar veciñal polo estado da auga da billa en Monterroso

Grifo con agua. EP
Grifo con agua. EP

Algúns veciños de Monterroso queixáronse este mércores polo estado da auga da billa na vila, que calificaban de clorada en exceso. Incluso enviaron a este xornal algunha fotografía para denunciar o aspecto que mostraba, cunha cor lixeiramente amarelada.

O rexedor do municipio, Antonio Gato Soengas, indicou que a empresa concesionaria do servizo non comunicou ningún incidente con respecto á auga, e tampouco a Consellería de Sanidade "que fai análises de xeito case diario", indicou para tranquilizar aos veciños.

Malestar veciñal polo estado da auga da billa en Monterroso
Comentarios