A xunta electoral dálle a vitoria aos independentes en Monterroso

Desestima o recurso do PSOE polo voto que ía nun sobre das europeas e dá por bo un para Gato que tiña unha pequena rotura

Antonio Gato y Rafael García. ARCHIVO
photo_camera Antonio Gato y Rafael García. ARCHIVO

A xunta electoral de Chantada deulle a vitoria nas eleccións municipais a Independientes por Monterroso, a formación encabezada por Antonio Gato, ao desestimar a reclamación do PSOE sobre un voto nulo. E non só iso, tamén deu por bo un sufraxio dado por nulo nun principio a IxM, ao considerar que a rotura que presentaba era de pequeño tamaño e nunha zona en branco da papeleta.

O reconto da noite electoral deparara un empate a 798 votos entre ambas informacións, pero coas decisión da xunta electoral IxM queda con 799 e catro concelleiros, e o PSOE de Rafael García cos mesmos sufraxios que tiña e tres edís.

Estas eran as argumentacións
Independentes por Monterroso presentou este xoves unha instancia á xunta electoral de Chantada en contestación á impugnación por parte dos socialistas do voto nulol, e na que a agrupación defendía que ese voto foi atopado na urna das europeas, e polo tanto non tería validez.

Para defender esta postura, IxM alude ao erro aparentemente "improbable" dos membros da mesa e dos interventores, que deixarían pasar un sobre azul á unha urna onde todos son brancos. Tamén indicaron que na páxina 23 do manual que rexe o funcionamento das mesas electorais, figura a consideración de nulidade para aqueles votos emitidos en sobres alterados.

No escrito, a agrupación de electores indicaba que, de ser considerado válido ese voto para o PSOE, tamén deberían considerarse como válidos outros dous votos para IxM que foron considerados nulos, un na urna das europeas -defenden a súa validez porque a súa formación só se presentou ás eleccións municipais- e outro cunha "simple rasgadura de apenas un centímetro, que está claro que no fue intencionada", di a instancia. Este finalmente foi dado por bo.

RÉPLICA DO PSOE. O candidato socialista á alcaldía, Rafael García Filgueira, defendía este xoves que o postulado de IxM era "rotundamente falso", e que "así o atesta a acta do escrutinio".

García indicou que o recurso que interpuxo o seu partido foi acompañado pola testemuña do presidente da mesa electoral e de dous vogais da mesma. "Poderíamos reunir máis testemuñas, se fose preciso", afirmou. Sobre os votos que reclaman agora os Independentes, indicou que pelexarán "pola invalidez dos votos que apareceron rachados".

Comentarios