miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Morre un home tras sufrir un corte cunha rebarbadora cando traballaba en Melide

Centro médico de Melide. TVG
Centro médico de Melide. TVG
O falecido realizaba traballos nunha explotación gandeira

Un home morreu despois de cortarse cunha rebarbadora cando realizaba traballos nunha explotación gandeira na parroquia de Folladela, no concello coruñés de Melide.  O falecido estaba a rozar a súa leira cando se lle rompeu o disco da máquina agrícola e se lle cravou no peito. 

Ás once desta mañá, os servizos sanitarios contactaron co 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o punto de atención continuada da localidade e indicaron que a vítima sufrira un accidente cunha rebarbadora.

Aínda que nun primeiro momento os profesionais sanitarios valoraron mobilizar a aeronave, esta acción foi anulada ao confirmarse que o varón estaba falecido. Para aclarar as circunstancias do suceso, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil e Policía Local tras ser avisados polos xestores do 112.

A morte prodúcese un día despois de que outro varón de 56 anos falecese en Cangas tras cortarse cunha motoserra.

Morre un home tras sufrir un corte cunha rebarbadora cando...