Fallece el empresario monterrosino José Edelmiro Núñez Núñez

Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio. PIXABAY

Acabo de recibir a noticia, non tan noticia, do pasamento de Edelmiro do Pena, como o coñeciamos e coñecían en Monterroso e na Ulloa. E aínda que agardada, abre un oco grande no meu sentimento.

Mesmo neste preciso instante recordo un feito estremecedor, o día que quixeches despedirte de min, como tamén fixeches con algúns amigos máis, coa Blanca como testemuña: compartir un xantar, que retumbou, como un inequívoco sinal de partida, proporcionándome esa imaxe túa, perenne, que saberei gardar.

Ademais da amizade que ofreciches xenerosamente, deixas unha extensa pegada, nun amplísimo territorio da Galicia do interior.

non esaxero, porque da man de don José Saa Martínez, que coñeciches cando emparentaches coa tua compañeira de vida, Blanca, intermediaches na Idade do Ladrillo, desenvolvendo un labor empresarial que acelerou o paso do desenvolvemento nas últimas décadas do século pasado, nun ámbito territorial, o interior do suroeste lugués, moi necesitado de empuxe.

Edelmiro, podes sentirte orgulloso, igual que nos sentimos os que gozamos da tua corrobra, e aquí quedamos. Unha derradeira aperta. Antonio Gato Soengas. .

Comentarios