sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

A diversidade sexual retorna a Monterroso

A sexta edición do Agrocuir inaugurouse cun partido de fútbol femenino

A SEXTA edición do festival Agrocuir comezou onte en Monterroso. É unha data sinalada nos calendarios galegos por tratarse dunha das poucas citas enfocadas á celebración rural da diversidade sexual e de xénero.

A localidade lucense acolleu este venres a proxección de Noite Irisada, un partido de fútbol feminino e deuse por comezada a celebración. O toque musical chegou á noite coa actuación de Mounqup, Nelu Vermouth, Boyanka Kostova e dous dj set.

A xornada deste sábado comeza coa apertura simbólica de portas e armarios, e diversos obradoiros e actividades. A sesión vermú correrá a cargo de Pansenfron e o resto de actuacións serán de Laura Lamontagne, Pico Amperio, Omiri e unha sesión golfa de dj set.

A diversidade sexual retorna a Monterroso
Comentarios