A discoteca melidá Levels celebra a súa gala contra o cancro infantil en Palas

El Combo Dominicano, Álex Martini ou Marcos Magán son algúns dos grupos do cartel desta festa que celebra este venres a súa cuarta edición
undefined
photo_camera O tenente de alcalde de Palas de Rei, cos organizadores. EP

A discoteca Levels, de Melide, celebra este venres a cuarta edición dun festival benéfico que recadará fondos para a loita contra o cancro infantil. O evento desenvolverase no polígono industrial de Palas ás 22.00 horas, cun cartel integrado polo Combo Dominicano, Álex Martini, Dumore, DJ Sonic, Carlos López e Marcos Magán. As entradas aínda se poden comprar a través da plataforma de Woutick.

A organización tamén poñerá autobuses para as persoas que queiran asistir desde os concellos limítrofes de Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa e Agolada, e tamén desde Lugo. No caso de Melide, o horario ampliarase, con buses cada media hora, tanto de ida como de volta, e a viaxe resultará gratuíta para os usuarios deste concello.

Desde o Concello de Palas de Rei manifestaron a súa ledicia por acoller esta cita benéfica, que celebrou as edicións anteriores en Melide e en Agolada, e valoraron positivamente a repercusión na ocupación hostaleira no municipio. En total, os organizadores esperan a asistencia dunhas 3.000 persoas no evento, que se pode seguir nas redes polo nome de Levelsfest.

Comentarios