O confinamento de...

"Contamos con clases online, actuacións virtuais e un obradoiro de mascariñas"

Tatiana Fernández é a presidenta de Falcatrueiros

Como está a pasar este periodo de confinamento?

Estou pechada na casa, pero procuro manterme activa. Traballo de forma telemática como profesora. Trato de superar no posible esa barreira que supón ensinar de forma virtual aos nenos. Como presidenta de Falcatrueiros colaboro para que a asociación siga viva nestes difíciles días. Impartimos clases online de baile, gaita, canto, pandeireta e percusión, para as que mesmo utilizamos vídeos.

Pódese dicir que Falcatrueiros continúa cos seus proxectos, pese a pandemia?

Generated by  IJG JPEG LibraryOs nenos reciben a súa hora de clase semanal, pero non é a única actividade virtual. Tamén fixemos un vídeo conxunto, no que participaron desde as súas casas pais, alumnos, socios e directivos. Cantamos o tema ‘Resistirei’, tan de moda estes días. Foi unha forma de facer piña,

Que outras actividades fixeron durante esta coarentena e cales tiveron que suspender?

A semana pasada participamos na Foliada Virtual de Melide. Cada integrante do grupo gravou desde a súa casa a súa actuación, xa fose cantando, bailando ou tocando a gaita ou a pandeireta para montar o vídeo. Tamén gravamos a que denominamos ‘Muiñeira de Chantada do Confinamento’ para conmemorar o Día da Danza, xa que a pasada fin de semana non puidemos celebrar o espectáculo conmemorativo que facemos tódolos anos. Nestas datas estabamos inmersos no ciclo de teatro, con intercambios con outros grupos que viñan a Monterroso e nós saíamos fóra, pero están paralizado. Vexo difícil que se poidan facer as xornadas de danza de xuño. Pese ás dificultades, loitamos por ofrecerlle iniciativas aos nosos socios. Tentamos paliar no posible o parón que supón o confinamento.

Desenvolven algún proxecto solidario coincidindo coa pandemia?

Promovimos un grupo de traballo desde a asociación e fixemos unhas 2.000 mascariñas. Son de algodón e reutilizables. Unhas nais que teñen máquina de coser e remalladora encárganse da confección, outras persoas colocan as gomas ou fan o reparto. O Concello entréganos o material.

Comentarios