jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

Tres clubs moteiros da provincia, premiados en Melide no multitudinario festival Milli-Riders

A séptima edición do evento congregou na vila a milleiros de afeccionados esta última fin de semana

Tres clubs moteiros da provincia de Lugo foron premiados pola súa implicación no festival Milli-Riders, que congregou en Melide centros de afeccionados ao mundo da moto durante esta fin de semana.

Recibieron ese recoñecemento Os Mouchos, de Paradela; O Corto, de Monterroso, e o motoclub O Valadouro. Foron a terceira, cuarta e quinta entidade, respectivamente, que máis motoristas achegaron a esta convocatoria, que mesturou a realización de rutas polo contorno e a celebración de concertos moi concorridos.

O club que liderou a participación foi o Val do Ulla, seguido de Os Esquíos, da Pobra de Trives. Tamén houbo un premio para o motorista chegado desde máis lonxe, que foi para un que reside en Yorkshire, no norte de Inglaterra.

Os organizadores -o motoclub Milli Riders- entregaron os galardóns na comida de clausura do festival, unha cita de referencia para os amantes das motos.

Tres clubs moteiros da provincia, premiados en Melide no...
Comentarios