Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

Por que o centro xeográfico de Galicia está en Antas de Ulla?

Igrexa de San Fiz de Amarante. BENE RIOBOO. JPG
Igrexa de San Fiz de Amarante. BENE RIOBOO. JPG

A honra, reclamada con fins de mercadotecnia por varios concellos, recae, en cambio, sobre a parroquia de San Fiz de Amarante segundo un cálculo realizado en base aos datos xeográficos do Ine

Onde está o centro xeográfico de Galicia? Son varios os municipios que, desde hai anos e con intereses de promoción turística, se arrogan este simbólico título. Lalín, por exemplo, autopromociónase con éxito como "quilómetro cero" da comunidade desde o ano 2000 e Chantada tamén patentou en 2009, na mesma liña, o slogan "corazón de Galicia".

A capital do Deza incluso litigou coa Deputación de Lugo pola marca KM0, que tamén dera nome a un programa da institución provincial, coñecido tamén pola súa vertente xudicial ao ser orixe da operación Pulpo que acabou coa imputación, no seu día, de José Ramón Gómez Besteiro, daquela líder do PSdeG.

Tamén Agolada aparece como un posible centro de Galicia, segundo o cálculo levado a cabo neste artigo de GCiencia seguindo unha aproximación "sen validez científica" proposta polo xeógrafo Carlos Ferrás Sexto.

No entanto, un estudo realizado polo economista, investigador e analista político Carlos Neira Cortizas xa apuntou en 2017 a que o verdadeiro centro xeográfico de Galicia estaría no municipio lucense de Antas de Ulla, concretamente no lugar de San Fiz, na parroquia de San Fiz de Amarante.  

Neira asegura que o centro xeográfico "pódese achar con suficiente precisión con un pouco de computación, a pesar de que os límites do territorio son fractais e contra case calquera sistema de proxección de coordenadas que escollamos".

San Fiz de Amarante, no Google Maps."Un aplicativo GIS calcula o centroide ou centro de masa dun polígono calquera de forma inmediata. Cos datos xeográficos do Ine o centro xeográfico de Galicia está no lugar de San Fiz, parroquia de San Fiz de Amarante, Concello de Antas de Ulla", concluía o economista na súa publicación realizada en marzo de 2017.

[Na imaxe, San Fiz de Amarante, marcado no Google Maps]

Por que o centro xeográfico de Galicia está en Antas de Ulla?
Comentarios