O Camiño, un alicerce para medrar

Unha feria de produtos xacobeos unirase a otras citas xa consolidadas, como Mercamelide ou da Festa do Melindre, na promoción económica e social da localidade
A Festa do Melindre é unha das citas gastronómicas máis recoñecidas de Galicia
photo_camera A Festa do Melindre é unha das citas gastronómicas máis recoñecidas de Galicia

DURANTE OS últimos anos, Melide optou por combinar o impulso de citas consolidadas de dinamización comercial coa exploración doutras vías e iniciativas. Deste modo, os Mercamelide —feiras de produtos do comercio local con desconto e actividades infantís— seguiron reunindo a centos de compradores nas edicións de verán e inverno, permitindo ademais ás tendas da localidade dar saída aos seus stocks.

Ademais, o Concello chegou a un acordo, a través da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, con Correos e Telégrafos para que os establecementos da localidade comercialicen os seus produtos por medio de Correos Market, unha plataforma que chega a toda España. Unha oportunidade para que o comercio melidao estenda o seu radio de vendas.

Durante o 2021, co obxectivo de potenciar a reactivación económica do comercio e a hostalería locais trala pandemia, lanzouse a campaña de tarxetas Merca en Melide, co reparto en dúas tandas de 2.800, nas que o Concello investiu 41.000 euros que contribuíron a paliar a dura situación económica do comercio e a hostalería.

Útima edición de Mercamelide, na edición de inverno. EP
Útima edición de Mercamelide, na edición de inverno. EP

O Camiño de Santiago, que durante o Xacobeo dobre 2021-22 deixou milleiros de visitantes en Melide, é unha das ferramentas utilizadas para o crecemento da economía local. En breve, o Concello acollerá unha Feira de Produtos do Camiño de Santiago.

O servizo de axuda no fogar ampliouse ata as 48.000 horas, reducíndose a lista de agarda notablemente

No tocante á festa do Melindre, a trixésima edición desta emblemática cita gastronómica supuxo non só unha volta á normalidade tras a pandemia senón tamén un novo récord de asistencia e acollida da festa. A próxima edición será o 13 e o 14 de maio e a difusión xa comezou por España e Portugal.

Benestar social

O mandato 2019-2023 quedará marcado, coma todo, polo terrible andazo que supuxo a pandemia de Covid-19, que ocasionou unha crise sanitaria, social e económica como non se coñecera en máis dun século. O Concello de Melide foi unha das administracións que dende o primeiro día se esforzou para dotar, na medida das súas competencias, dun ‘escudo social’ á cidadanía do municipio.

Unha das medidas máis notables foi o incremento de horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Melide. No que vai de mandato estas horas xa medraron en dúas ocasións. A última, en 2022, supuxo un incremento de 6.000 horas para poder atender a persoas en situación de dependencia. Actualmente, cóbrense case 48.000 horas ao ano, reducindo notablemente as listas de agarda. As persoas maiores ou con déficits de autonomía son as grandes beneficiadas por esta medida.

O concello puxo en marcha neste mandato o programa madrugadores nos tres colexios existentes

A posta en marcha do servizo Xantar na Casa foi outra das accións destacadas da Concellaría de Política Social. Trátase dun programa dirixido a colectivos de persoas maiores e en situación de dependencia. Actualmente dase servizo a catorce persoas.

Conciliación familiar

Melide puxo tamén o acento nas políticas de benestar orientadas á infancia e á conciliación familiar. No curso 2021-2022 botou a andar o servizo Madrugadores nos tres colexios. Grazas ao cal, as familias poden levar as nenas e nenos dende as sete e media da mañá ao centro educativo. No 2022 o Concello puxo en marcha, colaborando con outros da área, un servizo de atención temperá orientado ás nenas e nenos de ata seis anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. O servizo, gratuíto, conta con psicólogo, logopeda e terapeuta ocupacional. Búscase o desenvolvemento da autonomía e inclusión social do menor.

Referente contra a violencia machista

Melide foi recoñecido o ano pasado como un municipio exemplar na loita contra a violencia sobre a muller. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, salientou que o Concello fai uso de todos os instrumentos ao seu dispor por parte do Goberno para enfrontar esta lacra, en relación ao traballo que levan a cabo no Centro de Información da Muller (CIM) e Policía Local, así como a unidade especializada en Violencia de Xénero (Vioxén) no cuartel da Garda Civil.

A Foliada pon a Melide no mapa da cultura tradicional galega

A FOLIADA de Melide, que transfoma a localidade na capital da música tradicional durante unha intensa fin de semana, chegará este ano a súa decimosexta edición e terá lugar o 29 e 30 de abril.

En 2022 o Concello organizou o evento por primeira vez, recollendo o testemuño da asociación O Castelo, co reto de conseguir un novo éxito despois da pandemia e de catro anos sen celebrarse.

Optou naquel momento por retomar os elementos tradicionais que fixeran da foliada un éxito e aproveitar o tirón das Tanxugueiras como grupo estrela para recuperar a atención do público. O resultado foi un cheo total en Melide, que contou coma sempre con cantos de taberna e mostra de artesanía e é que a foliada sempre foi un dos grandes eventos da música e o baile tradicionais máis multitudinarios de Galicia.

Foliada. EP
Foliada

O cartel farase público nos próximos días, pero dende o Concello confían en que un ano máis as mellores expectativas se verán amplamente superadas pola realidade dos feitos: Melide transfórmase na capital da música tradicional durante unha intensa fin de semana.

Un concello no que tamén é importante destacar as festas de San Roque en agosto, que supoñen ademais un importante tirón para a economía local ademais dunha vital promoción para a localidade.

Comentarios