Cinco feridos en Melide nunha colisión entre un turismo e un camión

Os cinco implicados son adultos e o seu estado non reviste gravidade
Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Ambulancia do 061. AEP

Cinco persoas resultaron feridas leves en Melide nun accidente que se produciu entre un turismo e un camión este mércores cara ás 13.30 horas. Segundo confirmaron fontes de Protección Civil, os cinco implicados son adultos e o seu estado non reviste gravidade, aínda que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia. 

A colisión produciuse na AC-840, no quilómetro 51, na saída do centro urbano. "Un camión circulaba pola recta e virou cando un vehículo lle estaba adiantando", o que provocou o choque lateral de ambos automóbiles. 

O 112 tamén precisou que os servizos sanitarios acudiron ao lugar do incidente para atender os ocupantes dos vehículos, os dous do camión e os tres do turismo. Os Bombeiros de Arzúa, os axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil foron alertados do sucedido. 

Ademais, os servizos de emerxencias solicitaron a colaboración do persoal do mantemento da vía para recuperar as condicións de seguridade da vía. 

NOIA. Por outra banda, unha muller duns 40 anos resultou ferida de gravidade nun accidente rexistrado na tarde deste mércores en Noia e no que se viron catro vehículos implicados. O sinistro tivo lugar sobre as 18.00 horas no barrio de Bergondo, na estrada que une Noia e Porto do Son. 

En concreto, segundo explicaron, un dos vehículos puido saltarse un stop e impactar contra o turismo no que viaxaba a ferida que, á súa vez, desprazouse ao carril contiguo e impactou contra outros dous coches. A muller, que viaxaba no coche cun menor que resultou ileso, foi a única persona ferida no accidente. 

Comentarios