Unha avoa de Antas de Ulla celebra os seus 107 anos

Dolores celebrou cos seus achegados o seu 107 aniversario. CEDIDA
photo_camera Dolores celebrou cos seus achegados o seu 107 aniversario. CEDIDA

Dolores Rodríguez Blanco fixo este venres 107 anos. Esta avoa do concello de Antas de Ulla recibiu a visita do alcalde, Javier Varela, quen lle fixo entrega dun agasallo, así como dos seus familiares e a súa coidadora, que a acompañaron neste día tan especial.

Dolores tivo once irmáns, dos que conserva dous, unha filla coa que vive no lugar de Outeiro de Amoexa e unha neta.

Viviu un ano en Francia e dedicou gran parte da súa vida á agricultura. Ata os 102 anos aínda facía o queixo coas súas mans.

Comentarios