miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Animalistas piden investigar a aparición dun lobo tiroteado en Monterroso

O animal foi localizado no "medio dun camiño asfaltado e con feridas compatibles cun disparo"

As asociacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber solicitaron unha investigación formal e a total depuración de responsabilidades sobre a aparición dun lobo morto nun núcleo rural de Monterroso, no "medio dun camiño asfaltado e con feridas compatibles cun disparo". 

Os animalistas lembran que o autor ou autores deste acto "de crueldade" poderían enfrontarse a responsabilidades penais, cunha pena de "multa de oito a doce meses e inhabilitación especial para o exercicio do dereito a cazar ou pescar por tempo de dous a cinco anos". 

Nun comunicado, os colectivos vinculan o achado coa "campaña de odio dalgúns gandeiros e pseudosindicatos relacionados co sector primario" dos últimos anos, en especial, "2017 e 2018, para levantar calquera protección ao lobo e "poder efectuar numerosas batidas". 

Neste sentido, lamenta que se pretenda trasladar ao Medio natural e á súa fauna a responsabilidade sobre actividades "meramente humanas", debido ao "desprazamento constante de hábitats e unha descompensación grazas á caza que motiva que os depredadores busquen un alimento de forma máis sinxela". 

Os animalistas tamén cuestionan se non se dera aviso ao Corpo de Axentes Ambientais. 
 

Animalistas piden investigar a aparición dun lobo tiroteado en...