Alertan do estado de deterioración da igrexa parroquial de Melide

O responsable do Museo da Terra e o párroco do templo demandan unha mellora polo «risco» de derrubamento da bóveda
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Danos na bóveda da igrexa parroquial de Melide.

O responsable do Museo da Terra de Melide, Xurxo Broz e o párroco da igrexa de Melide denuncian o mal estado do templo relixioso. Os desprendementos agraváronse progresivamente nos últimos anos, especialmente na bóveda e na capela maior, aínda que tamén hai problemas de filtración de augas na cuberta. "O principal risco reside en que algunhas pezas se veñan abaixo", afirma Broz.

O tramo da igrexa situado sobre a tribuna e o de transición da nave e da capela maior son os máis afectados ata o momento. Ademais, existen numerosas fracturas nos arcos que suxeitan a bóveda. "Los técnicos de restauración nos dijeron que es necesaria una reforma urgente para los daños y desperfectos de la iglesia", declara o párroco da comunidade, José Manuel Melle, que leva doce anos oficiando nela e sostén que a restauración "corre prisa".

Este edificio é considerado ademais un dos principais centros turísticos da comarca, xa que está aberto durante o día e por el transitan unha gran cantidade de peregrinos e visitantes. "Es una iglesia por la que pasan muchas personas y hay un gran riesgo de desprendimiento", explica Melle.

"La administración aquí no invierte nada. Necesitamos sufragar los problemas que se arrastran desde hace mucho tiempo"

O Museo da Terra de Melide demandou a mellora das instalacións parroquiais hai un ano, pero non recibiron resposta por parte das adminitracións ata o momento. "Queremos fixar datas concretas de restauración porque existe o perigo de que a alguén lle caia enriba algunha peza", asegura o arqueólogo Xurxo Broz. O párroco tamén coincide na necesidade dun apoio administrativo, xa sexa "autonómico o local", para arranxar os desperfectos. "Esta reforma no se puede costear de forma exclusiva por parte de la Iglesia porque requiere un gran presupuesto", dice Melle.

Os derrubamentos ocasionais da bóveda e a paulatina deterioración das instalacións melidás constitúen unha prioridade para o Museo da Terra de Melide e para o sacerdote que traballa nela. "La administración aquí no invierte nada. Necesitamos sufragar los problemas que se arrastran desde hace mucho tiempo", añade el párroco.

Comentarios