miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

O tren turístico galego bate récord de ocupación cun 97,5 % de prazas vendidas

Alfonso Rueda e Nava Castro reuníronse co presidente de Renfe, Isaías Táboas. EP
Alfonso Rueda e Nava Castro reuníronse co presidente de Renfe, Isaías Táboas. EP
Un avogado do Tribunal de Xustiza da UE ve ilegal a lei española que nega a prestación de desemprego a estas traballadoras

A lexislación española que exclúe das prestacións por desemprego ás empregadas do fogar é contraria ao dereito da Unión Europea porque constitúe unha discriminación indirecta cara ás mulleres, segundo concluíu o Avogado Xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) Maciej Szpunar. 

En opinión do letrado, dado que estes empregados son "case exclusivamente mulleres", denegarlles o dereito a paro "constitúe unha discriminación indirecta por razón de sexo e non xustificada por obxectivos lexítimos e alleos a toda discriminación baseada no sexo". 

As conclusións de Avogado Xeral non son vinculantes de face á futura sentenza que terá que emitir o TUE nos próximos meses para resolver o caso dunha empregada do fogar de Vigo á que a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) denegou unha solicitude de cotización á protección por desemprego para adquirir o dereito á prestación. 

O asunto foi elevado ao tribunal de Luxemburgo polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, que pide ao TUE que interprete a directiva sobre igualdade en materia de seguridade social para determinar se existe unha discriminación indirecta por razón de sexo. 

Así, o Avogado Xeral Szpunar sinala que corresponde ao xuíz español comprobar se a "desvantaxe particular" que a lexislación española establece para as empregadas do fogar pode cualificarse de medida "indirectamente discriminatoria". 

Se embargo, o letrado destaca que, mentres que a proporción entre homes e mulleres é "máis ou menos similar" entre os traballadores por conta allea incluídos no réxime de xeneral da seguridade social (no que todos teñen dereito a unha prestación por desemprego), a proporción no caso do réxime especial para empregados do fogar "difire considerablemente". 

Neste caso, explica o Avogado Xeral, as mulleres representan máis do 95% dos traballadores deste sistema e, xa que logo, a cláusula de exclusión "afecta negativamente a unha proporción significativamente maior de empregados de fogar de sexo feminino que de sexo masculino". 

Desta forma, Szpunar apunta que, se o xuíz español chega á conclusión de que as empregadas do fogar están "nunha posición menos vantaxosa", debería considerar que a lexislación é contraria ás normas europeas "salvo que estea xustificada por factores obxectivos e alleos a toda discriminación por razón de sexo". 

O Avogado Xeral examina a continuación este último punto e rexeita as alegacións presentadas pola TGSS e o Goberno español, que xustificaban a diferenza de trato "por obxectivos baseados nas características específicas da categoría de empregados de fogar e do estatuto dos seus empleadores, así como por obxectivos de protección dos traballadores, de protección do nivel de ocupación neste sector e de loita contra o traballo mergullado e a fraude". 

O letrado apunta, en primeiro lugar, que se trata de obxectivos "lexítimos" de protección social, pero estima que "non son alleos a toda discriminación por razón de sexo e, polo tanto, non poden xustificar unha discriminación prexudicial para as persoas de sexo feminino". 

Doutra banda, Szpunar destaca que os motivos baseados nas características das empregadas do fogar –traballadoras pouco cualificadas que cobran o salario mínimo– ou dos seus empleadores –cabezas de familia– "parecen estar baseados máis ben en estereotipos de xénero" e, en consecuencia, "son dificilmente alleos a unha discriminación por sexo". 

Ademais, o Avogado Xeral rexeita nas súas conclusións que unha eventual protección das empregadas do fogar fronte ao desemprego poida incitalos á fraude, así como que a exclusión "conduce a reforzar a concepción social tradicional dos roles", o que permite "non só explotar a posición, estruturalmente máis débil, das persoas que integran este sector, senón tamén infravalorar o seu traballo". 

O tren turístico galego bate récord de ocupación cun 97,5 % de...
Comentarios