jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Maite Ferreiro estrea en Fitur a campaña 'Lugo Km 100, Lugo é o teu centro'

Maite Ferreiro en Fitur.EP
Maite Ferreiro en Fitur.EP
As distintas áreas do Goberno Municipal realizaron accións para mellorar a imaxe de Lugo e poñer en valor o atractivo turístico da cidade

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou na mañá deste xoves en Fitur a campaña Lugo Km 100, Lugo é o teu centro, coa que o Concello de Lugo promociona a cidade de cara á recuperación do turismo.

Ferreiro explicou que "esta é unha continuación da campaña iniciada no 2019, coa nosa chegada ao goberno, e coa que pretendemos poñer en valor o potencial turístico de Lugo, tanto o contido da cidade como a súa posición estratéxica como punto céntrico do turismo de proximidade na Galiza".

Maite Ferreiro explicou que "Lugo atópase a 100 km de moitas zonas turísticas de Galiza, como A Coruña, A Mariña, Compostela ou a Ribeira Sacra, e contamos cun gran patrimonio histórico e cultural na nosa cidade". Maite Ferreiro destacou "o esforzo realizado polas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía do Goberno de Lugo na mellora do camiño primitivo, o que permitiu que todas as persoas que chegan a Lugo poidan desfrutar do pecorrido do camiño completamente renovado", e avanzou que se continuarán a realizar accións "para mellorar a imaxe de Lugo, tanto no treito do camiño primitivo como no resto de zonas do concello".

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural. A campaña está acompañada de diversas accións realizadas polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela

Maite Ferreiro estrea en Fitur a campaña 'Lugo Km 100, Lugo é o teu...
Comentarios