En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas montañas que superan os dous mil metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.
A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras...
Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en centenares de fervenzas, inventariadas por Carlos Frade e das que informa no seu blog fervenzasdegalicia.blogspot.com. Recóllese aquí unha escolma das máis salientables, clasificadas en trece grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros... Pódese atopar toda a información na web turismo.gal e mesmo consultar e descargar a publicación sobre estes saltos de auga.
A potencia visual, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas converte as fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.
A sedución está garantida.
Altas e elegantes
- Fervenza da ola do Cenza e Poza Moura (Vilariño de Conso)
- Fervenza De Codeso (Boqueixón)
- Fervenza de Santa Mariña ou de Graba (Silleda)
- Fervenza de Santa Marta ou das Hortas (Touro/Arzúa)
- Fervenza do Arroio da Palanca (Aranga)
- Fervenza do Toxa (Silleda)
- Freixa de Liñares (A Lama)

- Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada)
Auga abondo
- Fervenza de Vieiros (Quiroga)
- Fervenza do Barbantiño (Maside)
- Fervenza do Barosa (Barro)
- Fervenza do Belelle (Neda)

- Fervenza do Ézaro (Dumbría)
- Fervenza do Xestosa (Ourol)
- Fervenzas de Tourón (Melón)
Cadoiros verticais
- Fervenza da Cidadella (Vilardevós)
- Fervenza de Augacaída (Pantón)
- Fervenza de Rexiu ou de Vilamor (Folgoso do Courel)
- Fervenza de Santo Estevo do Ermo (Barreiros)
- Fervenza do Rego da Albardaira (Folgoso do Courel)
- Pozo do Inferno (Ortigueira)
- Salto do Cenza (Vilariño de Conso)

- Salto do Coro (Mondoñedo)
Cola de cabalo
- Fervenza da Graña (Forcarei)
- Fervenza das Penizas (Cerdedo-Cotobade)
- Fervenza de Augas Caídas ou da Mexadoira (Mañón)
- Fervenza de Bañas (Toques)

- Fervenza de Santalla (Samos)
A máis galega

- Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)
Entre bosques
- Fervenza da Fírveda (A Llama)
- Fervenza da Mazoca (A Capela)
- Fervenza da Rexidoira (Oza-Cesuras)

- Fervenza da Ruxidoira (Paradela)
- Fervenza das Campaíñas (Cuntis)
- Fervenza de Gosolfre (Mazaricos)
- Fervenzas de Somede (As Pontes)
Entre corgas
- Corga da Fecha (Lobios)
- Fervenza de Entrecruces ou de San Paio (carballo)
- Fervenza de Hérvedo (Cuntis)
- Fervenza do Fócaro (Quiroga)

- Fervenza do Fondós (Chantada/Carballedo)
Augas bailadeiras
- Fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra)
- Fervenza dos Casariños (Fornelos de Montes)
- Pincheira de Portomao (O Barco de Valdeorras)

- Seimeira da Pena dos Portelos (Ribeira de Piquín)
Para os máis afoutos
- Fervenza do Fírbeda ou de Forxa (Porqueira)
- Fervenza do Fondo da Petada (Quiroga)

- Fervenza do Pombar (Quiroga)
- Fervenza do Rego da Portorosa (Aranga)
- Poza da Seima (Lobios)
- Pozo da Grada (Folgoso do Courel)
Pequenas pero xeitosas
- Caldeiras do río Castro (Muxía)
- Fervenza de Castriz (Santa Comba)
- Fervenza de Naraío (San Sadurniño)

- Fervenza de Portizó (Sober)
- Fervenza de Vilariño (Calvos de Randín)
- Fervenza do Zarzo ou de Veris (Irixoa)
- Fervenzas de San Xusto de Toxos Outos (Lousame)
Pozas mergulleiras
- Fervenza das Olas (Lobios)
- Fervenza de Parrelos (Covelo)
- Fervenzas do Pereiro (Poio)
- Pozas de Mallón (Entrimo)
- Pozo da Ferida (Xove/Viveiro)

- Pozo da Onza (O Valadouro)
- Pozo do Arco (Oia)
- Seimeiras do Queixoiro (A Fonsagrada)
Laxes escorregadeiras
- Fervenza das Misarela (A Pobra do Caramiñal)

- Fervenza de Escouridal (Alfoz)
- Fervenza de Segade (Caldas de Reis)
- Freixa das Laxes (Moraña)
Fontes rebuldeiras
- Fervenza da Noveira (Mazaricos)
- Fervenza das Fontes de Pedrafigueira (Carnota)
- Fervenza de Cadarnoxo (Boiro)

- Fervenza de Ribasieira (Porto do Son)
- Fervenzas de Raxoi e Parafita (Valga)
- Pozo do Inferno (Crecente)