Verdegaia denuncia o proxecto de construír un depósito no Canón do Sil

A empresa eléctrica Iberdrola ten como un dos seus futuros proxectos o construír un depósito aberto de 30 Ha ó que poder bombear auga dende o encoro de Santo Estevo, situado no Canón do Sil.

Esta pretensión foi denunciada pola asociación ecoloxista Verdegaia, xa que o depósito afecta directamente ó Lugar de Interese Comunitario (LIC) Canón do Sil, declarada tamén como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Segundo a memoria resume realizada pola empresa, a piscina artificial estaría situada á vista e o resto da instalación sería subterránea, a través de varios quilómetros de galerías. A asociación afirma que "baixo a escusa das enerxías renovables" estanse a realizar numerosos encoros en zonas xa sobre explotadas e que estas actuacións agochan "un negocio puro e duro" a costa do patrimonio natural de Galicia.

Comentarios