Trasladado en helicóptero un octoxenario que caeu nunha fogueira en Ourense

O home sufriu queimaduras "graves"

Os servizos sanitarios de emerxencias trasladaron este venres nun helicóptero medicalizado un veciño de Ourense que caeu nunha fogueira na Rúa de Valdeorras.  Tal como sinalou o 112 Galicia, os servizos de urxencias tiveron constancia dos feitos ao redor das 16.05 horas deste venres, cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias foron informados de que o home sufría queimaduras "graves". 

O traslado do ferido foi realizado grazas á intervención da aeronave con base en Ourense. Para coordinar a evacuación, desde o CIAE solicitouse a colaboración da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, tamén foi informado do ocorrido o GES de Valdeorras.