sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Rescatada unha muller ferida nunha zona de difícil acceso en Fene

Imaxe dunha fervenza.
Imaxe dunha fervenza.

Os Bombeiros de Ferrol rescataron na noite deste martes pasado unha muller que resultou ferida ao caer nunha zona de difícil acceso preto da fervenza do río Belelle, no municipio de Fene.

Segundo informou o 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Ferrol empregaron unha padiola ríxida para levar á muller ferida até a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na que foi posteriormente trasladada a un centro sanitario. 

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia sobre as 20.40 horas deste martes para alertar da situación da muller o que permitiu activar un operativo de rescate no que tamén interviñeron membros de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Neda, axentes da Garda Civil e efectivos do GES de Mugardos. 

Rescatada unha muller ferida nunha zona de difícil acceso en Fene