sábado. 17.08.2019 |
El tiempo
sábado. 17.08.2019
El tiempo

Tres persoas trasladadas e un edificio desaloxado en Betanzos por un incendio

O lume orixinouse nunha vivenda da primeira planta

Un incendio declarado no interior dunha vivenda dun edificio de catro plantas en Betanzos obrigou a desaloxar o inmoble e a trasladar a tres persoas, unha delas con dor torácica e outras dúas por síntomas de intoxicación por fume. 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume orixinouse nunha vivenda da primeira planta, en concreto, nun dormitorio, sen que transcendesen, ata o momento, as causas que o provocaron. 

O inmoble está situado no número 2-4 da Travesía Dique-Mariña. Así o indicaron as primeiras persoas que contactaron co 112 Galicia, desde a rúa e o propio edificio, para alertar do incendio ao redor das 11,00 horas. 

O 112 transmitiu o aviso aos Bombeiros de Betanzos, da Coruña e Arteixo e requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Betanzos. 

Segundo indicar ao 112 Galicia, o incendio quedou totalmente extinguido ao redor das 13,30 horas. Ademais de sufocar o lume e ventilar as zonas afectadas, os servizos de urxencia evacuaron por unha fachada lateral desde a terceira planta a tres persoas e un animal e a outras dúas polo portal do edificio. 

O incendio deixou unha habitación da primeira planta calcinada por completo e un salón tamén totalmente queimado. Ademais, todo o edificio viuse afectado o fume. 

O piso no que se orixinou o incendio quedo inhabitable e os bombeiros valorarán cando as persoas que viven no edificio poden regresar ás súas casas. 

Un dos afectados foi trasladado con dor torácica ao Hospital da Coruña e outros dous por síntomas de intoxicación de fume e nerviosismo ao momento de Atención continuada da localidade.

ACCIDENTE NA CORUÑA. Na AP-9 no punto quilométrico 3, á altura da Coruña preto da saída cara á avenida Afonso Molina, rexistrouse un accidente con tres coches implicados. 

O sinistro produciuse sobre as 13.10 horas pero, segundo indicou o servizo de urxencias do 112 Galicia conforme á información da Garda Civil, non se rexistraron feridos. 

Tres persoas trasladadas e un edificio desaloxado en Betanzos por...
Comentarios