lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

A ONU advirte que frear o cambio climático é máis barato que non facelo

Parar o cambio climático sae moito máis barato que deixalo pasar, esa foi a conclusión do Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), reunido hoxe en Bangkok. Este grupo publicou un informe sobre estratexias e tecnoloxías destinadas a combatir o quecemento global, nos que os próximos 20 anos serán determinantes para frear o proceso.

Segundo o documento, manter o actual nivel de concentración de dióxido de carbono na atmosfera supón o 0'3% do PIB mundial, mentres que reducir as emisións entre un 50 e o 75% significaría unha redución do custo do 0'12%. O IPCC sinalou tamén que a estabilización dos gases causantes do efecto invernadouro pode conseguirme mediante tecnoloxías xa existentes, e tamén a través da diminución no consumo de combustibles fósiles.

As negociacións remataron durante a madrugada tras lograr o consenso, tal e como explicaron os delegados europeos, e durante a xornada de hoxe aprobarán o informe. China, o segundo páis máis contaminante tras Estados Unidos, e a India foron os países máis reticentes á recomendación de reducir as emisións de CO2.

A ONU advirte que frear o cambio climático é máis barato que non...
Comentarios