O Parlamento destina 76.000 euros a dotar a súa sede de enerxía solar

O Parlamento de Galicia destinará un total de 76.000 euros a dotar ó edificio onde ten a súa sede, o Pazo do Hórreo de enerxía solar. Desta cantidade, 70.000 euros corresponden á instalación de paneis solares e outros 16.000 euros a colectores do mesmo tipo de enerxía para xerar auga quente.

Estas medidas enmárcanse no Plan de Optimización Enerxética na Cámara galega, na que tamén se inclúe a instalación de billas de auga temporizadas para os aseos do Parlamento, o que suporá unha inversión de 5.000 euros.

O Pazo do Hórreo converterase nun edificio pioneiro na aplicación de tecnoloxía de última xeración en paneis fotovoltaicos que se situarán no teito da marquesina de entrada. Desde estes paneis recollerase enerxía solar para incorporala como suplemento á da rede eléctrica.

Comentarios