miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

Novo "Punto Xove" para os mozos de Vigo

A alcaldesa Corina Porro inaugurou o novo local "Punto Xove" de Vigo (FOTOS: Sonia Daponte. AGN)
A alcaldesa Corina Porro inaugurou o novo local "Punto Xove" de Vigo (FOTOS: Sonia Daponte. AGN)

Os mozos de Vigo teñen a partires de hoxe un novo "Punto Xove" na rúa López de Neira, que se unen ós outros dous centros existentes na cidade, xunto cos de O Castro e a Casa da Xuventude. A alcaldesa, Corina Porro, destacou que a intención deste novo local é "incrementar as vías de intercambio e colaboración entre a xuventude e as institucións municipais".

O local supuxo unha inversión de 120.000 euros e está dividido en dúas plantas. Na primeira está a oficina de información e asesoramento xuvenil, con personal técnico especializado e unha zona de autoconsulta. Na segunda, os mozos dispoñen dun servizo de acceso gratuito a Internet con equipamento de última xeración e unha sala multiusos para o desenvolvemento de actividades culturais e formativas. O centro complétase ademais cun rincón artístico para exposicións e un acceso ó fondo documental.

Novo "Punto Xove" para os mozos de Vigo
Comentarios