24 xornalistas morreron exercendo o seu traballo durante o 2007

Reporteros sin Fronteras presentou hoxe o seu libro anual, unha recompilación de fotografías do Festival de Cannes
photo_camera Reporteros sin Fronteras presentou hoxe o seu libro anual, unha recompilación de fotografías do Festival de Cannes

No día Mundial da Liberdade de Prensa, Reporteros sin Fronteras (RSF) esixiu ás autoridades políticas maior compromiso para protexer este dereito fundamental. Nunha roda de prensa, a directora de RSF en España, Mamen Gurruchaga, lembrou que o Estado forma parte dos 34 países do mundo sen liberdade de expresión. No que vai de ano, morreron 24 xornalistas no exercicio da súa profesión, mentres que 135 están en cárceres de todo o mundo.

Os xornalistas convertéronse en obxectivo directo de réximes ditatoriais, carteis de droga -como en México- e organizacións xornalísticas, explicou Gurruchaga. De feito, a extorsión da banda terrorista ETA é a razón que coloca a España como un dos 34 países con maiores inimigos da prensa, xunto con China, Cuba, e un numeroso grupo de países africanos e de Oriente Medio.

Estados Unidos foi tamén criticado debido a que impuxo a obriga de rebelar as fontes de información en todos os casos, polos que se limita un dos dereitos dos xornalistas a ocultar a identidade das súas informadores. Tamén indicou que China é o país no que se concentra o maior número de represaliados por expresarse en Internet e delatou que o réxime comunista conta coa complicidade das grandes empresas para iso, posto que é un mercado "moi amplo e atractivo". De feito, hai 62 "ciberdisidentes" nos cárceres de todo o planeta polo que escribiron en internet.

Comentarios